A escola de Teatro Melandrainas de Arteixo presentará mañá, sábado 1 de octubro, ás 20:00 horas o seu novo proxecto "Flores de ferro". Será no auditorio do Centro Cívico Cultural local. A asistencia é con invitación pero xa están esgotadas as 300 localidades disponibles no recinto. Lembramos que o colectivo arteixán conta cunha traxectoria de máis de 30 anos nos escenarios.
“Flores de ferro” é un proxecto 2.0 baseado na novela de María Rei Vilas de título homónimo no que, ademáis do soporte teatral, contará tamén co audiovisual. Trátase dunha proposta creativa, ilusionante e inclusiva na que, entre equipo técnico, elenco formado polo alumnado da Escola e Figuración, participan máis de 60 persoas, a máis pequena de 6 meses e a maior de 85 anos.