O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destaca na apertura da IX Semana Internacional Contract que máis dun cento de empresas galegas do ámbito do equipamento de edificios traballan en máis de cen países.
Subliña que esta internacionalización é posible grazas a factores como a puntualidade dos seus procesos, a coordinación e a cooperación entre as diferentes compañías, e a aposta clara pola sustentabilidade.
Sinala que cómpre contar cos mellores profesionais, e lembra programas de formación á carta como as Unidades Formativas en Empresas, con convocatorias abertas por 5 millóns de euros para a posta en marcha de 500 cursos.