Mercar no comercio de Arteixo ten premio

Mercar no comercio de ARTEIXO entre o 9 e o 16 de setembro ten premio.
La Xunta reactiva los Bonos Activa Comercio.
photo_camera Mercar no comercio de Arteixo ten premio.

Mercar no comercio de ARTEIXO entre o 9 e o 16 de setembro ten premio. En concreto 1.000 euros repartidos en tarxetas prepago de 300 e de 50 euros para seguir mercando no comercio desta vila.

A Federación de Comercio de A Coruña, a Federación Galega de Comercio e a Consellería de Economía, Industria e Innovación – Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, coa colaboración de Arteixo CCA poñen en marcha a campaña de dinamización “Mercar no teu comercio ten premio”. 

Así, todos os clientes de Arteixo que realicen compras no comercio de proximidade entre o 9 e o 16 de setembro, poden participar no sorteo en directo que se celebrará o sábado, 16 de setembro, ás 13.00 horas na rúa Balneario, 42. Previamente, os consumidores deberán canxear os seus tickets de compra por boletos de participación nunha carpa que se instalará dende ás 10.00 horas nesta mesma ubicación.  

A campaña “Mercar no teu comercio ten premio”, busca dinamizar o comercio de proximidade e incentivar o consumo. Con esta finalidade celebrarase entre outubro e novembro en varias localidades da provincia de A Coruña.