"Faremos unha oposición constructiva e propositiva pero contundente"

O grupo socialista esta formado por Patricia Boedo, Fernando Vázquez, Ana Cedeira e Luis Vázquez e aseguran que "farán unha oposición contundente"
Psoe Arteixo asegura que serán colaborativos pero con una actitud "contundente"
photo_camera Os concelleiros do PSOE Arteixo farán “unha oposición construtiva e propositiva pero contundente."

Os representantes do PSOE de Arteixo que tomaron posesión das súas actas 2023-2027 destacan que farán unha oposición "contundente"

Patricia Boedo, portavoz do PSOE Arteixo asegura que "faremos unha oposición construtiva e propositiva pero contundente, porque temos a obriga de ser a voz da conciencia de Carlos Calvelo”. Lembramos que os catro representantes socialistas elixidos nas eleccións municipais do pasado mes de maio tomaron posesión das súas actas. Foi no pleno de constitución da corporación local de Arteixo celebrado no centro Cívico.

Neste mandato o grupo estará formado por Patricia Boedo; Fernando Vázquez, que se estrea como concelleiro; e Ana Cedeira e Luis Vázquez que como Boedo xa formaban parte da corporación anterior.

Os socialistas desexábanlle ao alcalde Carlos Calvelo “toda a sorte e acertos na súa xestión” para este mandato, porque “iso será bó para a cidadanía de Arteixo”. Pero tamén aproveitaron para pedirlle que “non confunda as maiorías abosultas co absolutismo”. “A maioría absoluta é resultado da libre expresión dos cidadáns e cidadás nas urnas, pero non debe converterse en absolutismo", dixo Boedo. “Os membros da oposición temos a responsabilidade de fiscalizar esa xestión e ese poder", engadió.

Más en Arteixo