68 obras de Picasso poden visitarse no Museo de Belas artes na Coruña.
As 68 obras de Picasso para a exposición que impulsa a Xunta xa están no Museo de Belas artes da Coruña.
A exposición Picasso branco no recordo azul coa que a Xunta de Galicia reivindica a pegada galega na traxectoria do artista ultima a súa montaxe no Museo de Belas Artes da Coruña antes da súa inauguración o vindeiro xoves 23 de marzo.
As 68 obras do artista xa están nas instalacións museísticas logo da súa chegada ao longo dos últimos días. Trátase da única mostra da Comunidade enmarcada na programación oficial da Celebración Picasso 1973-2023 impulsada polo Musée National Picasso-París e a Comisión Nacional para a Conmemoración do 50º aniversario da súa morte, que conta con Telefónica como empresa colaboradora do programa en España.
Ademais o equipo técnico do Museo está a coordinar os traballos e supervisando a chegada de pezas baixo condicións de seguridade en coordinación coas institucións prestatarias.
Institucións nacionais e internacionais
En total, son 35 as institucións nacionais e internacionais, así como coleccionistas privados, que ceden pezas como o Museo Picasso de Barcelona, a Fundación Almine y Bernard Ruiz-Picasso para el Arte (FABA), Musée National Picasso-París, Museo Picasso de Antibes, Museo Reina Sofía, Museo Picasso de Málaga, Museo Casa Natal de Picasso de Málaga, ABANCA, Concello da Coruña, Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña, Deputación da Coruña, Fundación Camilo José Cela, Fundación Museo do Gravado e a estampa de Artes de Ribeira, Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e Museo da Universidade de Navarra.
Así, a inauguración oficial será o xoves 23 de marzo e un día despois abrirá ao público. Será o punto de partida a varios meses repletos de actividades entorno a esta mostra.
É mais, será a única exposición galega da quincena que se poderá ver en España no programa internacional co que España e Francia planifican ao redor de 50 exposicións e eventos en Europa e América do Norte para lembrar ao artista medio século despois da súa morte.
A exposición está formada por máis de 100 pezas, das que preto de 68 son da súa autoría. E ademais está comisariada por Antón Castro, Malén Gual e Rubén Ventureira, que desde marzo de 2021 traballaron de xeito conxunto coa directora do Museo de Belas Artes da Coruña, Ángeles Penas, e o equipo técnico-facultativo do museo.
Conmemoracións oficiais
O 8 de abril de 2023 cúmprese o 50 aniversario do pasamento do artista español Pablo Picasso, evento que marcará a celebración da súa obra e a súa herdanza artística en Francia, España e internacionalmente.
Tamén, os gobernos de Francia e España acordaron traballar conxuntamente nun programa internacional a través dunha comisión binacional que reúne ás administracións culturais e diplomáticas dos dous países.
A Celebración Picasso 1973-2023 xira en torno a unhas 50 exposicións e eventos que se celebrarán en institucións culturais de renome en Europa e América do Norte que, xuntas, abordan unha análise historiográfica da súa obra.
A celebración, acompañada de celebracións oficiais en Francia e España, permitirá facer un balance das investigacións e interpretacións sobre a súa obra, especialmente durante a importante simposio internacional en outono de 2023 que, ademais, coincide coa apertura do Centre d’Etudes Picasso de París.
Cabe destacar que o Musée National Picasso-París e a Comisión Nacional española para a conmemoración do 50 aniversario da morte do artista comprácense en apoiar este programa excepcional.