As datas para os procesos administrativos na Escola Oficial de Idiomas local son dende xuño a principios de xullo
Arteixo conta cunha sección da Escola Oficial de Idiomas, aloxada no IES Manuel Murguía que oferta prazas para o curso 2023-2024. A sua labor como servizo público dependente da Consellería de Educación, está a ser validada pola consolidación de prazas nos últimos anos. E, como consecuencia directa, amplíase a oferta educativa:
- Iníciase a oferta de cursos de árabe e alemán do nivel A1 (básico).
- Continúase cos cursos de inglés presenciais e certificativos, dende o nivel A1 (Básico) até o C1 (Avanzado).
- Introdúcense cursos de destrezas en inglés, en concreto, cursos de conversa de niveis B2 (Intermedio) e C1 (Avanzado)
As datas para os procesos administrativos tanto da matrícula para a proba de clasificación, como para a preinscrición do alumnado novo nos diferentes niveis da Escola Oficial de Idiomas son dende mediados de xuño até principios de xullo dependendo do caso. Por iso, aconsellamos consultar toda a información no enderezo web da sección AQUÍ ou chamando ao teléfono 698 128017.