A oposicion: BNG, PSoe e o concelleiro non adscrito Patiño, trasladan as súas peticións
Neste sentido, o 17 de xaneiro, o BNG de Arteixo na oposición lamentaba que non se dotara de saneaento ás casas do Rañal que quedan na parte do novo paseo que se vai realizar. O lamenta, pois é unha reivindicación dos cidadáns, apuntan, e do BNG local. "A obra que se acaba de adxudicar , afirman, por un importe de 411.087,06 euros, foi solicitada con cargo o plan de obras e servizos da Deputación da Coruña no ano 2019 polo que o Concello tivo tempo antes e despois de poder realizar os cambios no proxecto que garantizasen esa obra tan necesaria e demandada pola veciñanza".
Pola sua banda, a voceira do grupo municipal socialista de Arteixo, Patricia Boedo, preguntaralle ao pleno ordinario de xaneiro, ao goberno do Partido Popular pola situación na que se atopa o plan de mobilidade do Concello. En concreto, polo desenvolvemento urbanístico da unidade 8. Ademais levan ao Pleno a urxencia de redactar un Plan de Vivenda Municipal para garantir o acceso a unha vivenda digna.
Tamén o concelleiro no adscrito, Antonio Patiño, presentará dous temas a tratar no Pleno: valorar a oportunidae de encargar unha estatua de Manuel Murguía e ubicarla nun lugar preferente do Concello; e preguntar pola figueira filla da existente na Casa de Rosalía en Padrón, que se plantou durante os actos de Manuel Murguía e que xa non se atopa no seu lugar.