"No centro social de Oseiro hai vallas de obra, maleza e descoido xeral"
O PSdeG esixe ao Goberno local que acondicione o parque e o centro social de Oseiro
“En febreiro, o Goberno local anunciaba a bombo e prato a apertura do novo centro social de Oseiro, e case un ano despois o estado deste e do parque deixa moito que desexar”, lamenta Simón López, voceiro do grupo municipal do PSdeG. Desde a formación política afirman que quedan vallas de obra e restos do que parece a instalación eléctrica.
Ademáis dicen que "no exterior, o parque no que está integrado e o edificio destaca pola maleza e a herba alta. “En xeral, hai un total descoido e abandono desta zona de lecer. Hai vallas de obra, maleza e un descoido en xeral do entorno”, critica López.
O grupo municipal socialista ten presentado varios escritos ao Goberno local reclamando un mellor coidado dos espazos públicos de todo o concello, incluido Oseiro. Recordan que nunha situación de pandemia, proporcionar espazos abertos para o uso e desfrute da veciñanza é fundamental.
Unanimidade na moción socialista do pleno de outubro
Unha veciña de Arteixo de 90 anos leva máis de nove meses á esperar de que lle aproben a axuda á dependencia que lle corresponde. “Non é o único caso”, recordou Simón López, voceiro do grupo municipal socialista, durante a exposición de motivos da moción que o PSdeG levou ao pleno de outubro. Foi para esixir á Xunta o cumprimento efectivo do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, e da Orde do 2 de xaneiro de 2012, especialmente no referente aos tempos de resolución de solicitudes. Unha iniciativa que contou co respaldo de toda a corporación arteixá. “Cabe recordar que Galicia é a segunda comunidade que menos inverte en dependencia”, subliñou López.
Sen saír do ámbito de servizos sociais, o PP foi o único grupo da corporación en votar en contra da moción do concelleiro non adscrito para que Arteixo conte cun Plan de Inclusión Social. Ao mesmo tempo, o grupo conservador presentou unha moción á que os concelleiros socialistas votaron en contra, para garantir o dereito á propiedade privada.
Paseo fluvial e escola de Vilarrodís
No pleno houbo unanimidade da corporación para a expropiación definitiva para a ampliación do paseo fluvial ata O Rañal. Aínda que o grupo municipal votou a favor por ser unha obra “fundamental de gran importancia para toda a cidadanía”, López solicitou ao Goberno local que leve a cabo melloras no tramo entre a avenida do Balneario e a avenida de Fisterra, afectado por vertidos continuos de fecais.
O PSdeG levou unha moción para que o Goberno local faga “dunha vez por todas” a urbanización do entorno da escola infantil de Vilarrodís. No seu texto esixían que se garanta a seguridade do acceso a pé dende o núcleo urbano de forma temporal e que se comece a executar o plan especial do entorno da escola infantil de Vilarrodís prometido e presentado á Corporación e á cidadanía “sen que tiveramos máis noticias ao respecto”. A moción foi rexeitada polo PP, co argumente de que acaban de aprobar fai uns días o Plan Especial (que é de 2018).
Mobilidade
No referente ao convenio coa Xunta para o transporte na área metropolitana, o PSdeG abstivéronse, porque “é necesario mellorar as frecuencias e as liñas do transporte público”, para garantir un transporte público de calidade. Por outra banda, o grupo socialista votou a favor –como o resto da corporación- da moción dos nacionalistas para a mobilidade sostible en Arteixo.