Axudas da Xunta para mellora dos parques empresariais
O Diario Oficial de Galicia publica a nova convocatoria de axudas para a mellora de infraestruturas dos parques empresariais galegos.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a nova convocatoria de axudas para a mellora de infraestruturas dos parques empresariais galegos. Á Xunta destina un total de 2,1M€. O prazo de solicitude xa está aberto e permanecerá así durante un mes.
Ademais obxectivo é dar resposta ás novas necesidades que teñen estas instalacións dos Parques Empresariais:
- modernizalas instalacións
- ofrecer un mellor servizo para favorecer a fixación e implantación de compañías
- promover o emprego local
Aclarar que os apoios son de concorrencia competitiva e están dirixidos aos concellos galegos que queiran realizar melloras relativas á:
- implantación de iluminación pública eficiente
- plantas de depuración de auga
- xestión de residuos
- infraestruturas viarias,
- instalación de sistemas de seguridade
- contraincendios e contra o roubo de cable
- servizos centralizados de subministración de gas e hidróxeno verde
Arteixo, concello emprendedor
Tamén as axudas teñen unha intensidade do 80% ata un límite máximo de 120.000 euros no caso de solicitudes individuais e de 138.000 no caso de que sexan conxuntas. Prevense, ademais, anticipos de ata o 25% da axuda concedida. Na selección de proxectos teranse en conta criterios como se é Concello Emprendedor. O Polígono de Sabón en Arteixo forma parte desta rede.
Nesta liña contribúe a apoiar aos concellos galegos e pretende ser, ademais, un impulso para a captación de investimentos en Galicia. Neste sentido encaixa nas medidas que fomenta a Lei de implantación empresarial na que os Concellos Emprendedores teñen un papel fundamental á hora de colaborar co Goberno galego para achegar ás empresas beneficios fiscais, acceso ao solo e facilidades administrativas a cambio de contar con prioridade en ordes de axudas como estas.
Para rematar, xunto con estas axudas, o Goberno galego seguirá executando en 2023 os apoios concedidos a maiores, por importe de 3,5M€. Esta inversión sirve para a posta en marcha de sete viveiros industriais e para o reforzo e extensión das redes de distribución de tres polígonos.