Axudas da Xunta para mellora dos parques empresariais

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a nova convocatoria de axudas para a mellora de infraestruturas dos parques empresariais galegos. O de Sabón...
sabón axudas xunta
photo_camera Fonte foto: poligonosabon.org

O Diario Oficial de Galicia publica a nova convocatoria de axudas para a mellora de infraestruturas dos parques empresariais galegos.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a nova convocatoria de axudas para a mellora de infraestruturas dos parques empresariais galegos. Á Xunta destina un total de 2,1M€. O prazo de solicitude xa está aberto e permanecerá así durante un mes.

Ademais obxectivo é dar resposta ás novas necesidades que teñen estas instalacións dos Parques Empresariais:

  • modernizalas instalacións
  • ofrecer un mellor servizo para favorecer a fixación e implantación de compañías
  • promover o emprego local

Aclarar que os apoios son de concorrencia competitiva e están dirixidos aos concellos galegos que queiran realizar melloras relativas á:

  • implantación de iluminación pública eficiente
  • plantas de depuración de auga
  • xestión de residuos
  • infraestruturas viarias,
  • instalación de sistemas de seguridade
  • contraincendios e contra o roubo de cable
  • servizos centralizados de subministración de gas e hidróxeno verde

Arteixo, concello emprendedor

Tamén as axudas teñen unha intensidade do 80% ata un límite máximo de 120.000 euros no caso de solicitudes individuais e de 138.000 no caso de que sexan conxuntas. Prevense, ademais, anticipos de ata o 25% da axuda concedida. Na selección de proxectos teranse en conta criterios como se é Concello Emprendedor. O Polígono de Sabón en Arteixo forma parte desta rede.

Nesta liña contribúe a apoiar aos concellos galegos e pretende ser, ademais, un impulso para a captación de investimentos en Galicia. Neste sentido encaixa nas medidas que fomenta a Lei de implantación empresarial na que os Concellos Emprendedores teñen un papel fundamental á hora de colaborar co Goberno galego para achegar ás empresas beneficios fiscais, acceso ao solo e facilidades administrativas a cambio de contar con prioridade en ordes de axudas como estas.

Para rematar, xunto con estas axudas, o Goberno galego seguirá executando en 2023 os apoios concedidos a maiores, por importe de 3,5M€. Esta inversión sirve para a posta en marcha de sete viveiros industriais e para o reforzo e extensión das redes de distribución de tres polígonos.