Patricia Boedo presenta a candidatura completa do Psoe Arteixo o domingo 7

Patricia Boedo presentará a lista completa do PSOE de Arteixo ás eleccións municipais o domingo 7 de maio ás 12:00 horas no auditorio do Centro Cívico

O acto celebrarase o domingo 7 de maio ás 12.00 horas no auditorio do Centro Cívico. Contará coa participación do deputado autonómico e secretario xeral de PSOE de Arteixo, Martín Seco, a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e o alcalde de Culleredo, Jose Ramón Riobóo

A candidata do PSdeG-PSOE de Arteixo, Patricia Boedo, presentará a candidatura completa do PSOE de Arteixo ás eleccións municipais o domingo 7 de maio ás 12:00 horas no auditorio do Centro Cívico. O obxectivo da formación é “gobernar para todos e todas nun Arteixo integrador e dialogante”.

O acto contará coa participación do deputado autonómico e secretario xeral de PSOE de Arteixo, Martín Seco, a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e o alcalde de Culleredo, Jose Ramón Riobóo

Baixo o lema "Coa mirada na xente" a candidata socialista presentará aos veciños e veciñas das distintas parroquias que a acompañan na lista. A intención é “asumir como nosos os problemas da veciñanza e facer das súas demandas unha prioridade”.

“Para mellorar Arteixo é preciso estar en cada punto do territorio pero tamén no tecido social, educativo, asociativo e empresarial” afirma Boedo. “Por iso esta candidatura está formada por 25 compañeiros e compañeiras representativos de toda a sociedade arteixá. Desde todas as parroquias e barrios e de todos os perfís sociais. Compañeiros e compañeiras con gañas de aportar a súa experiencia e o seu traballo e que teñan a mesma ilusión que a candidata por facer de Arteixo un lugar mellor para vivir.”

Candidatura PSDEG-PSOE Arteixo

  • 1. Patricia Boedo Naya
  • 2. Fernando Vázquez Martínez
  • 3. Ana Cedeira Zas
  • 4. Luis Vázquez Fernández
  • 5. Charo Figueiras Icasuriaga
  • 6. Juan Carlos Añón Álvarez
  • 7. Eva Sánchez Ramilo
  • 8. Martín Seco García
  • 9. Vanesa Cerdeiro Lema
  • 10. Daniel Turrado Vázquez
  • 11. Virginia Vázquez Varela
  • 12. Simón López Fernández
  • 13. Cristina Calvo Espasandín
  • 14. Julio Iglesias Fernández
  • 15. Lucía Vázquez Mosquera
  • 16. Pablo Hernández Pérez
  • 17. Pilar Bello López
  • 18. Faustino Vázquez Prego
  • 19. Tamara Figueroa Cedeira
  • 20. Secundino Núñez Ruíz
  • 21. Lucinda Regueira Regueira 

  • SUPLENTES:
  • 22. Ángel Díaz Souto
  • 23. Beatriz Pardo Aldao
  • 24. Álvaro Esmorís Suárez
  • 25. Raquel Martínez Vázquez

A candidatura completa do Psoe Arteixo ás eleccións municipais 2023