O acto celebrarase o domingo 7 de maio ás 12.00 horas no auditorio do Centro Cívico. Contará coa participación do deputado autonómico e secretario xeral de PSOE de Arteixo, Martín Seco, a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e o alcalde de Culleredo, Jose Ramón Riobóo
A candidata do PSdeG-PSOE de Arteixo, Patricia Boedo, presentará a candidatura completa do PSOE de Arteixo ás eleccións municipais o domingo 7 de maio ás 12:00 horas no auditorio do Centro Cívico. O obxectivo da formación é “gobernar para todos e todas nun Arteixo integrador e dialogante”.
O acto contará coa participación do deputado autonómico e secretario xeral de PSOE de Arteixo, Martín Seco, a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e o alcalde de Culleredo, Jose Ramón Riobóo
Baixo o lema "Coa mirada na xente" a candidata socialista presentará aos veciños e veciñas das distintas parroquias que a acompañan na lista. A intención é “asumir como nosos os problemas da veciñanza e facer das súas demandas unha prioridade”.
“Para mellorar Arteixo é preciso estar en cada punto do territorio pero tamén no tecido social, educativo, asociativo e empresarial” afirma Boedo. “Por iso esta candidatura está formada por 25 compañeiros e compañeiras representativos de toda a sociedade arteixá. Desde todas as parroquias e barrios e de todos os perfís sociais. Compañeiros e compañeiras con gañas de aportar a súa experiencia e o seu traballo e que teñan a mesma ilusión que a candidata por facer de Arteixo un lugar mellor para vivir.”
Candidatura PSDEG-PSOE Arteixo
- 1. Patricia Boedo Naya
- 2. Fernando Vázquez Martínez
- 3. Ana Cedeira Zas
- 4. Luis Vázquez Fernández
- 5. Charo Figueiras Icasuriaga
- 6. Juan Carlos Añón Álvarez
- 7. Eva Sánchez Ramilo
- 8. Martín Seco García
- 9. Vanesa Cerdeiro Lema
- 10. Daniel Turrado Vázquez
- 11. Virginia Vázquez Varela
- 12. Simón López Fernández
- 13. Cristina Calvo Espasandín
- 14. Julio Iglesias Fernández
- 15. Lucía Vázquez Mosquera
- 16. Pablo Hernández Pérez
- 17. Pilar Bello López
- 18. Faustino Vázquez Prego
- 19. Tamara Figueroa Cedeira
- 20. Secundino Núñez Ruíz
- 21. Lucinda Regueira Regueira
- SUPLENTES:
- 22. Ángel Díaz Souto
- 23. Beatriz Pardo Aldao
- 24. Álvaro Esmorís Suárez
- 25. Raquel Martínez Vázquez