A nova orde do programa Respiro familiar da Xunta de Galicia inclúe por vez primeira a atención en centros de día.
A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, lembrou que a nova orde do programa Respiro familiar da Xunta de Galicia inclúe por vez primeira a atención en centros de día. Fixo estas declaracións durante unha visita ao centro de día Xestal, en Monfero, na que estivo acompañada da delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneir
Con esta orde, cuxo prazo de solicitude permanecerá aberto ata o 30 de outubro, tamén se poderá optar a axudas de ata 1500 euros para recibir atención nalgún dos centros de día da comunidade. Os servizos que se xustifiquen para recibir as axudas deberán ter lugar entre o 1 de xaneiro de 2023 ata o 30 de novembro deste ano.
Perfil dos usuarios
Poderase acceder á axuda sempre que a persoa ou persoas que atende sexan residentes na Comunidade. Ademais, a persoa á que atende deberá ter recoñecido un grao II ou III de dependencia, unha discapacidade en grado igual ou superior ao 75 % ou ben ter acreditado mediante informe médico e social a necesidade axuda de terceiros para actividades da vida diaria.