O Proxecto Fénix é un programa de atención a niños y niñas con medidas xudiciais por violencia de xenero.
Entón, o proxecto Fénix, que desenvolve e coordina a Asociación Alar Galicia con apoio da Xunta, permitiu en 2022, a intervención integral con 50 niños y niñas con medidas xudiciais por exercer violencia de xénero. O obxetivo é a reeducación e prevención de futuras condutas violentas.
Así, nunha reunión que mantivo en Santiago de Compostela a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, cos responsables de Alar Galicia, fíxose balance desta iniciativa que interveu con menores de centros de Vigo, Pontevedra, Ourense, A Coruña e Rábade.
Ademais para este ano 2023 ampliarase a intervención a centros de Ferrol e Santiago polo que se prevé poder atender a uns 70 chicos y chicas.
Aclarar que esta actuación forma parte do conxunto de medidas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero desenvolvidas en Galicia e conta cunha financiación este ano de 50.000 euros.
Desde 2019 e ata este 2022 o programa foi incrementando o seu número de participantes ata acadar no período os 140 beneficiarios.
Fiscalía de menores
Por outra lado, a infancia incorporada ao Proxecto Fénix é derivada a través da Fiscalía de Menores. Esta deriva establece unha rede de traballo coa Secretaría Xeral da Igualdade. Neste sentido, a idea é levar a cabo o proxecto en todo o territorio galego para dar resposta directa e inmediata ás demandas das fiscalías e xuíces.
Tamén está aberta á intervención en centros de menores en xeral e nos Centros de Intervención Educativa en Medio Aberto (CIEMA) que traballan na atención integral aos menores infractores, en especial, aos adolescentes en situación de conflito social.