Redeir@s, un proxecto dixital para mozos e mozas de 12 a 17 anos

Baixo o nome de Redeir@s, o xornal dixital tamén suma dunha serie de redes sociais e un recurso educativo máis ao alcance da comunidade
Redeir@s xornal para nenas e nenos de 12 a 17 anos
photo_camera Proxecto Redeir@s é unha iniciativa da POIG

A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) lanza unha iniciativa chamada Redeir@s

Mozos e mozas de Galicia de entre 12 e 17 anos participan no proxecto online propio chamado Redeir@s. Trátase dunha plataforma en liña de contidos. A nova iniciativa da Plataforma de Organizacións da Infancia de Galicia conta co apoio da consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

Baixo o nome de Redeir@s, o xornal dixital tamén suma dunha serie de redes sociais e un recurso educativo máis ao alcance da comunidade redeir@s. “Parécenos xenial a idea de ter un xornal con noticias que nos interesan, un espazo para construír redes sociais de forma segura e tamén un lugar onde aprender cousas novas a través da selección de recursos que apoian a nosa formación académica”, comentan os primeiros  redeiros e  redeiras navegan por esta comunidade virtual con todas as garantías de seguridade.

Detrás desta iniciativa están expertos en infancia que poñen en valor todos os dereitos recollidos na Convención sobre os Dereitos do Neno. Ademais Redeir@s ofrece obradoiros para aprender xunto a profesionais temas que importan aos adolescentes. Neste senso, ao mesmo tempo que se lanza a plataforma virtual, póñense en marcha catro talleres tanto en formato presencial como virtual. Pódese acceder a toda a información a través da web www.redeiros.org / www.redeiras.org, na sección obradoiros. Para formar parte da comunidade hai que poñerse en contacto coa plataforma de infancia galega en [email protected]