Remata a 2a edición do Programa de Democratización do Coñecemento da Universidade Sénior
A Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña puxo en marcha, coa financiación da Xunta de Galicia, e en colaboración có Concello de Arteixo, unha nova edición do programa de formación universitaria específico para os adultos maiores de 50 anos, que se desenvolveu no Centro Cívico Cultural de Arteixo.
Un total de 41 alumnos e alumnas maiores de 50 anos, inscribíronse para participar entre outubro e novembro de 2023 nun programa que foi clausurado o martes, 14 de novembro, ás 19:00 horas, co acto de entrega de diplomas que conta coa presenza da vicerreitora Nancy Vázquez Veiga, a Directora da Universidade Sénior, Matilde García, e maila adxunta á Dirección da Universidade Sénior, Susana Iglesias Antelo, acompañadas da Concelleira de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación do Concello de Arteixo, Inés Ramos Álvarez.
Con este Programa, a Universidade Sénior achegouse un ano máis ás persoas maiores de 50 anos de Arteixo, coa intención de seguir dando resposta as súas inquedanzas e necesidades formativas como ven facendo en diferentes localidades e comarcas desde a súa primeira edición o ano 2018.