A Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña pon en marcha, coa financiación da Xunta de Galicia e o Concello de Arteixo, a 2ª edición dun Programa de Formación Universitaria Específico para os adultos maiores, que se desenvolverá entre os meses de outubro e novembro de 2023, no Centro Cívico Cultural, na rúa do Alcalde Baldomero González s/n de Arteixo.
A inscrición, que é gratuíta e non precisa de estudos previos, poderá realizarse de xeito on-line a través do espazo web UDC Sénior Arteixo (https://universidadesenior.org/arteixo/) ou presencialmente a través do Departamento de Educación do Concello de Arteixo.
O programa consta de tres módulos, con sesións teóricas, de 17 a 19 horas, e sesións prácticas, impartidas por profesorado da Universidade da Coruña, nas que se abordarán diferentes temáticas:
MÓDULO I: ARTE E PATRIMONIO
• 9 de outubro, de 17:00 a 19:00: Unha filosofía da amizade: Michel de Montaigne. Prof. Alberto Sucasas Peón.
• 10 de outubro, de 17:00 a 19:00: Divertimentos amorosos nos cartóns de Goya. Prof. Juan de Dios Ruano Gómez.
• 16 de outubro, de 17:00 a 19:00: Picasso, ruptura da historia. Prof. José Ramón Soraluce Blond.
• 17 de outubro, de 10:30 a 13:30: Visita cultural.
MÓDULO II: CIENCIA E TECNOLOXÍA
• 23 de outubro, de 17:00 a 19:00: Matemáticas, existen en todas partes?. Prof. Mª Cristina Naya Riveiro
• 24 de outubro, de 17:00 a 19:00: Importancia da Ciencia e a Tecnoloxía na Historia e na Sociedade actual. Prof. Juan José Galán Díaz
• 30 de outubro, de 17:00 a 19:00: Xeobotánica, a Ciencia que nos fai entender e valorar a nosa contorna. Prof. Javier Cremades Ugarte.
• 31 de outubro, de 10:30 a 13:30: Saída de campo.
MÓDULO III: SAÚDE E BENESTAR
• 7 de novembro de 17:00 a 19:00: Xeneticamente deseñados para o movemento. Prof. Esther Fernández Fernández
• 8 de novembro, de 17:00 a 19:00: Durmir ben, vivir mellor: Importancia do sono para unha vida plena. Prof. Carmen de Labra Pinedo
• 13 de novembro, de 17:00 a 19:00: Tecnoloxía para a saúde e a vida activa. Prof. Betania Groba González e Laura Nieto Riveiro.
• 14 de novembro de 17:00 a 19:00: Sesión práctica de Nutrición.
Con este Programa, a Universidade Sénior achégase por segunda vez ás persoas maiores de 50 anos de Arteixo, coa intención de dar resposta as súas inquedanzas e necesidades formativas como ven facendo noutras localidades e comarcas con este Programa de Democratización do Coñecemento desde 2018.
Para mais información pódese contactar con Matilde García Sánchez, Directora da Universidade Sénior da UDC, no Tlf. 629066311.