Comezo da actividade académica da Universidade Sénior

O luns 9 de outubro, ás 17 horas, ten lugar no Centro Cívico Cultural de Arteixo, a primeira das sesións da nova edición do Programa de Democratización do Coñecemento que impulsa a  Universidade Sénior para as persoas maiores de 50 anos de Arteixo, con 39 persoas matriculadas.  

 

1a edición da Universidade Sénior en Arteixo.
photo_camera 1a edición da Universidade Sénior en Arteixo.

A Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña  pon en marcha, coa financiación da Xunta de Galicia, e en colaboración co Concello de Arteixo, unha  nova edición do programa de formación universitaria específico para os adultos maiores de 50 anos,  que se desenvolverá no Centro Cívico Cultural de Arteixo. 

39 alumnos e alumnas maiores de 50 anos de Arteixo participarán nos meses de setembro e outubro, nun programa que será inaugurado o día 9 de outubro, ás 17 horas, coa presenza da directora da  Universidade Sénior, Matilde García Sánchez, e maila concelleira, Inés Ramos Álvarez.  

O programa consta de tres módulos, con sesións teóricas, de 17 a 19 horas, e sesións prácticas,  impartidas, en dous días a semana, por profesorado da Universidade da Coruña, nas que se abordarán diferentes temáticas:

MÓDULO I: “ARTE E PATRIMONIO” 

• 9 de outubro. “Unha filosofía da amizade: Michel de Montaigne”. Prof. Alberto Sucasas Peón.

• 10 de outubro. “Divertimentos amorosos nos cartóns de Goya”. Prof. J. de Dios Ruano Gómez • 16 de outubro. “Picasso, ruptura da historia”. Prof. José Ramón Soraluce Blond.

• 17 de outubro, de 10:30 a 13:30 horas. Visita cultural. 

MÓDULO II: “CIENCIA E TECNOLOXÍA”  

• 23 de outubro. “Matemáticas, existen en todas partes?”. Prof. Mª Cristina Naya Riveiro • 24 de outubro. “Importancia da Ciencia e a Tecnoloxía na Historia e na Sociedade Actual”. Prof. Juan José Galán Díaz. 

• 30 de outubro. “Xeobotánica, a Ciencia que nos fai entender e valorar a nosa contorna”. Prof. Javier Cremades Ugarte. 

• 31 de outubro. Saída de campo.

MÓDULO III: “SAÚDE E BENESTAR” 

• 7 de novembro. “Xenéticamente deseñados para o movemento”. Prof. Esther Fernández Fernández.

• 8 de novembro. “Durmir ben, vivir mellor: Importancia do sono para unha vida plena”. Prof. Carmen de Labra Pinedo.  

• 13 de novembro. “Tecnoloxía para a Saúde e a Vida Activa”. Prof. Betania Groba González e Prof. Laura Nieto Riveiro.  

• 14 de novembro. Sesión práctica de Nutrición.

O día 14 de novembro, a partir das 19 horas, terá lugar o Acto de clausura e entrega de diplomas.  

Con este Programa, a Universidade Sénior achégase un ano máis ás persoas maiores de 50 anos de Arteixo, coa intención de seguir dando resposta as súas inquedanzas e necesidades formativas como ven facendo desde a súa primeira edición o ano 2018. 

Cartel da 2a edición da Universidade Sénior (2023).
Cartel da 2a edición da Universidade Sénior (2023).