Reparar as pasarelas de acceso e mobiliario das praias

O portavoz socialista, Simón López, presentará un rogo para instar ao goberno a reparar as pasarelas e o mobiliario do Paseo Marítimo
reparar infraestructura de playa en Arteixo
photo_camera Unha das pasarelas pendente de reparar en Arteixo

O Psoe Arteixo solicita reparar as infraestuturas turísticas de fronte ao verán

O portavoz socialista, Simón López, presentará un rogo para instar ao goberno a reparar as pasarelas e o mobiliario do Paseo Marítimo. "Xa hai dous anos o Psoe local denunciara estas deficiencias e a situación no fixo máis ca empeorar. Os viandantes que se achegan ata o litoral camiñan entre pasarelas sen mantemento, varandas rotas e valados de obra mal colocados", afirma López.

Así mesmo, defende a necesidade de poñer en marcha, canto antes, un Plan Integral de mellora do Paseo Marítimo. Pero considera que o máis urxente é acometer a reparación ou substitución do material estragado. “Esta a piques de comezar a campaña de máis usos destas infraestruturas e boa parte das esperanzas de recuperación económica están depositadas no verán”. Ademáis recorda que entre as reclamacións que se presentaron no último pleno figuraba mellorar a iluminación e sinalizar correctamente todos os tramos do carril bici.

Varanda que necesitan reparar os servizos de praias