O Psoe de Artexio solicita la intervención porque a estrada de subida a Santa Leocadia se atopa "en pésimo estado"
O Grupo Municipal Socialista solicita a reparación inmediata da estrada de subida a Santa Leocadia no Concello de Arteixo. Simón López, portavoz da formación, denuncia que “o PP non actúa con axilidade, nin sequera con maioría absoluta e ante múltiples solicitudes da veciñanza e da oposición”.
Xa no pasado mes de febreiro o Psoe local presentara unha pregunta ao Pleno, denunciando que "a estrada se atopaba en pésimo estado de conservación. Cun firme repleto de fochancas e deformidades e as gabias cheas de obstáculos para a auga". No escrito solicitábase realizar un aglomerado completo da pista, así como mellorar as proteccións existentes e instalar reflectores e pintura para a néboa.
Informe municipal pero demora na licitación
A enxeñeira municipal explicaba o 19 de maio nun informe que “a estrada municipal CM-026, en Santa Leocadia, presenta na actualidade un nivel importante de deterioro. Fai necesario actuar sobre ela en aras da garantir a seguridade vial".
O goberno local, en resposta ás peticións "suplementou orzamento para executar a obra este ano pero segue sen abrirse a día de hoxe a licitación. Tras recibir numerosas peticións veciñais dende fai meses, os socialistas volven solicitar que se repare de forma inmediata a vía de subida a Santa Leocadia. Tamén se solicita que se deixe preparada a instalación de servizos (saneamento, auga, telecomunicacións, etc.) nas zonas que non contan cos mesmos.