Completas as prazas para os talleres tecnolóxicos do Museo de Bergantiños.
O Nadal na capital de Bergantiños ofrece a rapazada un sinfín de actividades. Tamén talleres tecnolóxicos. Os primeiros días das vacacións escolares, despois da Festa do Apego organizada polo Servizo de Normalización Lingüística, chegaron as actuación de maxia, teatro e música organizadas pola Concellaría de Cultura dentro do Nadal Pequespectacular.
Deste xeito, Pequespectacular, encheu o auditorio do Pazo da Cultura, con obradoiros infantís promovidos pola Concellaría de Igualdade:
- fabricación de xoguetes con material de refugallo
- obradoiros de cociña,
- empaquetaxe creativa
- customización de camisetas
Entre os obxetivos dos talleres:
- a educación en igualdade a través do xogo
- a promoción do xoguete non sexista
- potenciar a creatividade infantil
- crear conciencia sobre a reutilización e a reciclaxe
- apoiar a conciliación
Ademais os obradoiros convertíronse nun elemento de dinamización do mercado municipal de abastos de Carballo e do comercio local.
Semana de Reis
Tamén na semana de Reis voltan os obradoiros e outras actividades. No Museo de Bergantiños, a Concellaría de Promoción Económica e Turismo estrea a exposición permanente con talleres tecnolóxicos para nenos e nenas de
8 anos.
Ademais siguen as actividades no mercado municipal, os días 2,3 e 4 en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30. A planta alta de mercado é unha zona de xogos con ambientación de Nadal e moitas propostas:
- un concurso para cambiarlle as rodas á camioneta de Nadal
- inchables multixogos
- xogos reciclados elaborados cos obxectos máis inverosímiles
- concurso de ordeño da rena
- talleres de globos e de figuras xeadas…
O día 5 é tempo para a tradicional cabalgata. Destacar que hai propostas para todas as idades e con entrada libre.