La obra de teatro documental "Una flor en la nevera..." é interpretada por súa creadora, Mercedes Herrero Pérez
O venres 8 de ás 20.30 no Auditorio do Centro Cívico e Cultural de Arteixo presentarase a obra "Una flor en la nevera. Ritual de descongelación". Esta presentación é unha das actividades propostas dentro da programación do 8 de marzo pola Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais e Educación. As invitacións están dispoñibles para recoller no Centro de Información ás Mulleres. Tamén, unha hora antes o día do evento no Centro Cívico Cultural.
Esta obra de teatro documental contemporáneo foi creada a partir de entrevistas a persoas anónimas, para abordar unha temática escondida. Amosa as consecuencias perennes que sofre o ser humano a partir do abuso sexual
A súa creadora, Mercedes Herrero Pérez, nomeada mellor actriz pola Unión de Actores/Actrices de Castela e León no 2017, afirma que "o espectáculo é un ritual de sanación, xa que solo verbalizando o sucedido se pode sanar". A protagonista é un corpo adulto que fala con outros corpos adultos ós que lles desvela o seu segredo. "A obra está dirixida a un público con desexo de saber, que entren ó teatro a abrir os ollos e o corazón", engade a actriz.