Fina Zas: «Na política local é todo un pouco máis duro porque gobernas para o teu veciño»

Foto de Fina Zas.

Casi toda unha vida adicada á política arteixá. Primeiro na oposición logo no goberno municipal hasta hoxe.

A concelleira é concente que as generacións pasadas abreron camiño, por iso convida as mulleres xóves a involucrarse na vida política local.

Cando comezaches a interesarte pola política do concello? Dende que sentín a inquedanza de comezar a traballar cos veciños. No 2007 fun nas listas electorais do PP e estiven na oposición. Logo no 2011 fun concelleira de Participación Cidadá que involucra moito ó tecido asociativo do concello. A día de hoxe son concelleira de Maiores e Actividades Sociais.

Percibes unha evolución do papel da muller na política? Eu creo que non existe moita diferencia. Antes había mulleres tamén na política, mais agora temos mais visibilidade grazas ós medios de comunicación e as asociacións. Diferencia como tal penso que hai pouca.

Cal é a particularidade da política local? Na política local é todo un pouco máis duro porque gobernas para o teu veciño. Se ten un problema vai chamarte a ti non a un político de ámbito autonómico e estatal. Teñas ou non teñas as competencias eres a primeira que vai dar a cara.

Como é compatibilizar a política coa vida persoal? É dificil. A miña vida cambiou moito  sobretodo na dedicación e na conciliación. Quen sofre aqui é a familia porque lle quitas horas a ela para dedicarllas ós teus veciños e a túa vila.

Pensas que paga a pena esta dedicación á vila? É un orgullo que a túa función sexa mellorar a vida dos veciños. Ás veces si que sintes insatisfacción por non poder todo o que queres ou che reclaman. Con todo, o orgullo compensa isto último.

Que lle dirías a unha moza interesada na política? Invito a todoas as mulleres xoves a que se impliquen e que continúen polo camiño que abriron as xeracións pasadas. Hai que involucrarse na vida política, sen dúbida.

Pódese ver a entrevista completa AQUÍ.