Rosario (Charo) Figueiras leva media vida adicada ó servizo público en Arteixo. A súa mochila está cargada de experiencias e loitas na toma de decisións.
Cando comezaches a interesarte pola política? A verdade é que sempre me interesou a política. Cando cumprín 18 anos sentín un clic e comecei a comprometerme mais en serio coa política. A miña vocación nace na casa, de escoitar ós meus pais. Estou na política para axudar a resolver as necesidades dos veciños. No ano 2007/2011 foi a miña última lexislatura como concelleira nun goberno municipal. Dende ese ano comecei a ser concelleira na oposición.
Percibes unha evolución do papel da muller na política? A verdade e que históricamente a muller estivo immersa nun mundo privado. O seu papel estaba invisibilizado. A muller estaba condeada a crianza dos fillos, a reproducir e a obedecer ó home da casa. De feito, o 1 de outubro fixo 90 anos do día na que nas mulleres comezamos a votar. No século XX comezouse a favorecer a incursión das mulleres na industria e na política. Tamén xurdiron movementos feministas mais foron silenciados pola sociedade patriarcal. Aínda temos moito que remar para conseguir esa igualdade entre homes e mulleres. Hai que favorecer o liderado femenino e penso que a lei de cuotas favoreceu esta incursión das mulleres. É triste que teña que haber unha lei para garantir a igualdade mais creo que axudou moito. Para continuar avanzando penso que é necesario crear unha conciliación laboral real.
Que ten de especial a política do concello? O que máis me gusta é a cercanía. Realizar unha política axil e rápida para resolver as necesidades dos veciños. Noutros estractos esta cercanía desaparece. A política do cara a cara. Creo que as calidades que hai que ter na política local son a humildade, a coherencia, responsabilidade e rigor. Cando estas no goberno estas manexando os cartos dos impostos dos veciños. Os veciños decidiron que eses fondos públicos foran xestionados por ti. Cando estas na oposición o traballo é máis complicado porque lle debes facer ver o goberno que ao mellor esta empregando os fondos para cousas que non deberían ser prioridades, por exemplo.
Como foi a conciliación da política coa túa vida persoal? O único gran cambio que tiven durante os 20 anos que estiven en política foi a perda de tempo coa familia. É certo que sempre me apoiaron na decisión de involucrarme na política. Neste senso sí me perdin determinados movementos mais cando tomei a decesión sabía que era a miña responsabilidade priorizar a política. Ao mesmo tempo sempre sentin o apoio da familia para realizar a miña labor con tranquilidade.
Que lle dírias a unha moza que quere adicarse á política? Primeiramente lle diria que se formara académica e profesionalmente. Hai que cultivar a sensibilidade e a actitude crítica. Considero que unha política ten que ter unha identidade política e que loite por ela. Considero ademais que unha moza debe mirar pola igualdade de xénero e traballar por ela.
Pódese ver a entrevista completa AQUÍ.