Susana Lebón: «A educación que me deron meus pais sempre estivo centrada en axudar e ser útil para os demais»

Foto de Susana Lebón.

Afirma que a participación das mulleres na política é un deber da sociedade e unha necesidade para que a toma de decisións sexa a mellor posible.

Asegura que se tomou consciencia de que o papel da muller en cargos de responsabilidade é un deber mais tamén unha necesidade.

Cando xurdiu o teu interese pola política? Foi algo natural. Meu pai era afiliado do PSOE e delegado sindical na UGT. Eu vía a meu pai que se interesaba polos demais e pensaba que tamén quería facelo. Quizais foi na adolescencia cando tomei máis consciencia de que quería facer algo polos demais. Cando cumprín os 18 anos tiña dous sonos: sacar o carnet de conducir pola liberdade que me daba e afiliarme, e así o fixen. Máis tarde estudei e intereseime por outras cousas ata que me ofreceron formar parte das listas electorais ó concello de Arteixo. Fun escollida concelleira xunto a homes. Ao longo do tempo estiven sempre vinculado, en maior ou menor medida, en función da miña dispoñibilidade laboral.

Como evolucionou nestes anos o papel da muller arteixá na política? En Arteixo a paridade é bastante clara. No grupo socialista municipal somos catro mulleres e dous homes. Nos outros grupos tamén hai bastante presenza das mulleres. Considero que se tomou consciencia de que o papel da muller en cargos de responsabilidade é un deber mais tamén unha necesidade para a toma de decisións. Nun momento dado o sistema de cuotas foi moi criticado mais está claro que funciona.

Como afectou a política a túa vida persoal? No meu caso foi fácil porque non teño fillos. O resto das miñas compañeiras con responsabilidades familiares teñen que duplicar o seu tempo moito máis porque ó mesmo tempo que son políticas son traballadoras, nais, esposas, fillas… Penso que aínda reproducimos moito o modelo patriarcal de cuidados: cando o neno se pon enfermo acustuma ser a muller a que o leva ó médico, por exemplo. Penso que isto tamén está evolucionando, os homes están asumindo progresivamente a súa responsabilidade nos cuidados. No meu caso o que sacrifico é o descanso, o meu tempo, o meu ocio.

Que significa formar parte da toma de decisións en Arteixo? Ser concelleira en Arteixa é para min un gran orgullo e responsabilidade. A educación que me deron meus pais sempre estivo centrada en axudar e ser útil para os demais, para o grupo. Eu quería facelo e considero que a política municipal e un bo lugar para elo. A política do concello é a base das políticas porque é a que está mais próxima das veciñas. Supón un gran responsabilidade porque estás moi exposta ó público, á critica, ós rumores. Con todo, a vocación e o beneficio para Arteixo merece a pena.

Cal é o teu consello para unha moza interesada na política? Diríalle que o fixera canto antes. Ninguén nace aprendido e todos cometemos erros ó principio pero se tes ganas e interese podes adicarte e conseguir aquilo que te propós. Podes formar parte de moitos xeitos. O importante é a participación, coa participación de todas e todos, medramos.

Pódese ver a entrevista completa AQUÍ.