Fina Vázquez: «Pidolles ás mozas que se empoderen e loiten por unha sociedade máis xusta. Que viva o feminismo!»

Destaca a importancia do papel das mulleres no camiño cara a igualdade real e cree que é moi importante ter cargos no lugar de cargas.

Foto de Fina Vázquez.
photo_camera Foto de Fina Vázquez.

Foi cabeza de lista do Bloque Nacionalista Galego en Arteixo. O seu compromiso coa mellora das condicións das persoas no concello chega dende a súa actividade sindical.

Cando comezaches a interesarte pola política? Eu intereseime pola política no ámbito sindical. Na política local comecei despois no ano 1995. Empecei con moitísima ilusión e fun facendo traballo coas compañeiras. Chegou un momento no que consideraron que debería participar nas listas e a partir de ese momento fun concelleira.

Como evolución o papel da muller na política? Nos últimos anos avanzamos moito en materia feminista. Todas levamos a herdanza daquelas que participaron antes con máis prexuicios e dificultades. Por iso creo que é moi importante que as mulleres teñan cargos no lugar de cargas. Considero que hai que seguir avanzando para que as mulleres e os homes sexan libres e para que as mulleres poidamos saír a rúa sen mirar cara atrás.

Que ten de especial a política local? A política municipal pode cambiar para ben a vida das persoas e permite que teñas a posibilidade de coñecer os problemas do día a día que rodean os veciños. Con todo, hai decisións moi importantes, como a derogación da reforma laboral que non se poden facer dende os concellos. Porén, a política local permite cambiar pequenas cousas e contruír vilas máís feministas, sustentables, etc.

Como influiu a política na túa vida? A política fixo que deixara de ter tempo para min misma. Todo o tempo que tiña libre decidía adicalo a familia e ós veciños. A verdade é que tiven a gran sorte de ter unha familia que me apoiou e me empoderou en todo momento. Tamén é certo que me proporcionou moita satisfacción por pequenas cousas que conseguín solventar mais tamén pena e tristeza por moitas cousas que non puidemos acadar.

Que significou ser parte da toma de decisións do concello? Moitas veces vivíase con ilusión e optimismo. Nos momentos positivos enchíame de satisfacción e orgullo mais cando non podía conseguir aquilo que considerabamos necesario para os nosos veciños tamén sufría moito e sentía moita frustración.

Que lle dirías a unha moza interesada na política? Pidolles as mozas que se empoderen e loiten por unha sociedade máis xusta. Que viva o feminismo!

Pódese ver a entrevista completa AQUÍ.