Silvia Seixas: «A política local debe estar máis aberta ó diálogo e a sororidade»

Defende que se faga política e que se participe dende a decencia e que se traballe desde un proxecto político no que se confía.

Foto de Silvia Seixas.
photo_camera Foto de Silvia Seixas.

Foi concelleira e candidata á alcaldía arteixán. Trátase dunha política experimentada e cunha mirada crítica do mundo que a rodea.

Cando comezaches a interesarte na política? Incorporeime no ano 2000 como militante no Bloque Nacionalista Galego. Mais antes diso tiña moitas inquietudes polo que xa partipara no movemento estudiantil tanto na Coruña como en Santiago de Compostela. Ademais, na miña casa sempre se falou de política con normalidade. Penso que isto último arrastroume a participar activamente na política.

Como valoras a evolución da participación na muller na política? Creo que nin antes ni agora foi fácil ser muller. Nas altas esferas da vida pública a cousa complícase aínda máis. Na política tamén existe un teito de cristal que non podemos rachar. A pesar de que nos últimos anos moitas mulleres comezaron a participar na política considero que existe un déficit importante de alcaldesas, presidentas de deputacións, rectoras, presidentas do goberno, etc. Eu creo que se evolucionou moito gracias ós camiños que abriron as mulleres do pasado. O papel das mulleres na política era anecdótico. Con todo, dende o ano 78 as mulleres foron rompendo barreiras ó poder votar, presentarse a lista electorais, poder decidir e influir na lexislación. Considero que se avanzou, mais precisamos facer máis para camiñar cara esa igualdade real.

Que ten de especial a política local? Creo que todo aquel que queira participar na política debería comezar no local. É o mais preto que temos e onde podes percibir o que se precisa facer cada día. Considero que ninguén debería ser deputada ou senadora sen pasar polo local. Non quero que se lexisle nese senso mais penso que é unha experiencia moi valiosa para calquera. Eu defendo que se faga política e que se participe na política dende a decencia. A maioría das persoas que estamos ou estivemos na política local traballabamos a prol dun proxecto político no que confiamos.

Como cambiou a túa vida a política? Involucrarme na política foi unha escolla moi persoal mais recibín o apoio das miñas amizades e da familia. O principal cambio é a xestión do tempo. Tes que expoñer todo o teu mundo ó público. Isto último é a parte máis complicada. É moito traballo e practicamente non tes tempo libre. Con todo, creo que as renuncias son compensadas pola satisfacción que provoca a política.

Como foi o teu paso pola política do concello? Mellorar a vida dos veciños é algo moi satisfactorio. É certo que non sempre acertamos e isto é algo que hai que recoñecer para poder reflexionar. Creo que foron máis os acertos e os esforzos que fixemos por chegar a acordos que considerabamos que eran positivos para o concello. Quédame as espiña de non poder conseguir outras como o plan xeral, a mobilidade urbana, abrir o concello ó sector cultural, etc. Penso que a política local debe estar máis aberta ó dialogo e sororidade entre as concelleiras.

Que lle dirías a unha moza con interese na política? Dirialle a todas que participaran na vida política e formaran parte do tecido asociativo. É unha recomendación que me encantaría facer porque considero que formar parte das decisións que transforman a vida da sociedade é marabilloso. Creo que co paso do tempo a experiencia é moi positiva. Ademais, considero que a democracia existe porque podamos decidir e falar entre nos. Hai que defender as institucións aínda que sexan mellorables. Hai que sumar en favor destas institucións.

Pódese ver a entrevista completa AQUÍ.