Club Natación Arteixo: o equipo junior terceiro de Galicia

Dende hoxe formará parte dos grandes logros de equipo do club de natación arteixán a clasificación por clubs de categoría junior
Equipo de nadadores del Clun Natación Arteixo tras las pruebas del campeonato en Ourense Galicia
photo_camera Deportistas do Club Natación Arteixo no campionato de Ourense

Os deportistas do club arteixán obtiveron un total de 12 medallas individuales de ouro, prata e bronce, e 3 de bronce nas remudas

O Club Natación Arteixo participou o fin de semana do Campionato Galego de Natación de Inverno Junior e Copa Senior. Con un total de 18 nadadores e nadadoras o CNA resultou ser un dos equipos máis numerosos do evento en Ourense.

Dende hoxe formará parte dos grandes logros de equipo do club arteixán a clasificación por clubs de categoría junior. Acadaron o 3º posto feminino, 5º masculino e 3º posto da clasificación conxunta. Asistiron a este campionato un total de nove deportistas de categoría junior e nove senior. Celebrouse na Piscina de Rosario Dueñas, de 50 metros o sábado e domingo en dúas sesións.

Medallistas

Os compoñentes do equipo junior obtiveron un total de 12 medallas individuais (3 ouros, 6 pratas e 3 bronces) e 3 medallas de bronce nas remudas femininas de 4x100 libre, 4x200 libre e 4x100 estilos. Os medallistas foron, Claudia Suárez, Eva Sánchez, Manuel Varela e Mateo García en probas individuais. O nadador junior Manuel Varela acadou mínimas para participar no Campionato de España nas probas de 50 e 100 costas.

Por outra banda, o equipo senior foi un dos máis numerosos nesta competición. Acadaron boas marcas, pero sobre todo unha boa experiencia competitiva en piscina de 50 metros, preparatoria para toda a tempada de primavera-verán. O máis inminente será o Campionato Open de Primavera que se celebrará a finais de marzo en Palma de Mallorca, e no que o club local asistirá con cinco nadadores.

Más en Deportes