Logros destacados dos deportistas do Club Natación Arteixo

Cinco deportistas do Club Natación Arteixo acadaron un total de doce medallas, 4 ouros, 5 pratas e 3 bronces no Campionato Galego de Verán
Marcos del Río, del club natación arteixo nadador master logró medalla en Sevilla
photo_camera Marcos del Río do Club Natación Arteixo en Sevilla

O club de Arteixo ten varias novas interesantes relacionadas con Paula Otero, nadadora internacional, e do seu equipo máster

O nadador do Club Natación Arteixo, Marcos del Río, participou esta fin de semana no Campionato de España de Augas Abertas na categoría máster. O evento celebrouse en Sevilla, no Río Guadalquivir, con moi boas condicións metereolóxicas. Marcos nadou o sábado pola tarde a proba de 3000 metros. Encabezou a carreira durante todo o percorrido, loitando nun sprit final e acadando o 2º posto absoluto da proba e medalla de ouro da súa categoría.

Tamén en categoría máster, esta fin de semana celebrouse en Ourense o Campionato Galego de Verán. Alí, o club arteixán tivo unha pequeña representación con grandes resultados. Cinco deportistas que acadaron un total de doce medallas, 4 ouros, 5 pratas e 3 bronces; e cinco Récords Galegos na categoríoa +85, de Ramón Folch, o nadador máis veterán, nas probas de 50, 200 e 400 na proba de 400 libre, en 50 costas, e de novo en 50 libre. Ramón acadou ademáis o premio ó participante masculino de máis idade.

Campionato do Mundo de Fukuoka de Augas Abertas

Por outra banda, Paula Otero, formará parte do equipo de remudas de 4x1500 no Campionato do Mundo de Fukuoka de Augas Abertas que disputará no Momochi Beach Park do 15 ao 20 de xullo. Acaba de ser seleccionada por ter sido Campiona de España no Campionato de España Open. Paula está participando nunha concentración so Equipo Nacional en Sierra Nevada que durará ata o 6 de xullo. Será clave para as súas participacións no Mundial, que agora será doble, en Piscina e Augas Abertas.

Más en Deportes