A nadadora do CNA participa desde hoxe en Roma dun encontro internacional de natación
Dende o hoxe, día 11 ata o 17 de agosto celébrase en Roma o campionato internacional Absoluto de Natación. A expedición española xa está na cidade italiana para prepararse para o importante evento. Asisten un total de 22 deportistas, entre os que está a nadadora coruñesa do Club Natación Arteixo, Paula Otero Fernández. Foi convocada pola Selección Española para participar en tres probas, 400, 800 e 1500 libre.
Este evento ten lugar no “Foro Italico”, Mosaici Pool Stadio del Nuoto. Constará de eliminatorias en sesión de mañán e finais en sesión de tarde, e poderá seguirse no canal temático en aberto Teledeporte e por RTVE Play.
Paula ven de participar nunha concentración da RFEN de tres semanas en Serra Nevada, onde viaxou directa dende o Campionato de España de Sabadell. Estas semanas de adestramento en altura sirven de colofón a un moi bo ciclo desta nadadora e que servirán para darlle moita confianza de cara a esta competición europea. Paula é das máis xóvenes da convocatoria española, e esta será a súa terceira experiencia internacional esta tempada.