O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, apuntó días pasados que “o comercio de proximidade debe responder aos desafíos con innovación”. Así, para apoiar o crecemento do sector, dixo que a Xunta ten en marcha o programa Comercio 360, unha iniciativa que impulsa a dixitalización, a economía circular e o produto local. Neste eido, puxéronse en marcha medidas centradas na implantación do tícket dixital, o impulso da ecoinnovación, o marketing en liña ou a reforma dos establecementos.
Asemesmo, Conde, sinalou na entrega de premios da última edición da campaña Días azuis do comercio galego, que os establecementos de proximidade debe saber anticiparse aos novos desafíos. Isto debe ser respondendo con innovación e buscando o grao extra de diversificación ao tempo que se pon ao cliente no centro da súa estratexia.
Na súa intervención, o conselleiro apuntou que o comercio, que representa algo máis do 14% do tecido empresarial galego, significa calidade de vida para o seu entorno. Tal e como destacou, o obxectivo debe ser seguir crecendo e diversificando a actividade sen que se desvirtúe a identidade de cada negocio.
Amplia participación
O comunicado estaca que a campaña Días azuis do comercio galego, realizada entre o 1 e o 20 de outubro en colaboración coa Federación Galega de Comercio e Abanca, rexistráronse máis de 108.700 participacións. Un 13% máis con respeto ao ano anterior e un 6% desde a convocatoria de maio. No acto, fíxose entrega aos clientes gañadores dos 16.200 euros en premios repartidos en tarxetas prepago de 300 e de 150 euros. O listado completo dos 80 premiados pode consultarse en https://www.diasazuis.com/ganadores
É a cuarta vez que se desenvolve esta iniciativa, e a primeira ocasión na que se celebran dúas edicións anuais. O obxectivo principal e dinamizar as vendas no comercio de proximidade e premiar a fidelidade dos clientes.