Arteixo CCA presenta novas propostas de mellora para comercio e hostalería local

Están mantendo reunións cos partidos da oposición e presentando estas propostas a entidades e formacións políticas de Arteixo
novas propuestas para comercio e hostelería local en Arteixo
photo_camera As porpostas do Arteixo CCA xa foron presentadas ao Bng Arteixo

O Centro Comercial Aberto presentó as propostas ao goberno municipal o pasado 29 de xuño na Mesa Local de Comercio

"Como levamos facendo dende o comezo da pandemia, dende o Arteixo CCA presentamos unha serie de propostas para levar a cabo dende o Concello de Arteixo para a mellora da actividade económica local da vila", explica Emiliano Cossini, xerente da entidade. Tamén explica que ademáis "estamos mantendo reunións cos partidos da oposición e presentaremos estas ideas a calquera outro partido ou entidade que se queira reunir con nós". As propostas inclúen:

Mellora da actividade económica, competitividade e fomento do negocio

  • Programa de benvida para novos establecementos.
  • Censo e xestión de locais baleiros en Arteixo.
  • Bonos de incentivo ao consumo.
  • Actividades de nadal: mercado, pista de xeo e mellora da iluminación.
  • Creación dunha estratexia de promoción do turismo para Arteixo.
  • Aumento dos programas formativos para hostalaría.
  • Mellora da convivencia.

Transformación do Espazo Urbano

  • Mellora da sinalización urbana.
  • Avance na peonalización, levando a cabo peches ao tráfico provisionais.
  • Uso de terreos baldíos para establecer prazas de aparcamento libre.
  • Establecer zonas de aparcamento curto nas principais avenidas de Arteixo.

"Na reunión, o Concelleiro de Promoción Económica, Ángel Vázquez como representante do Concello, trasladounos que algunhas das medidas estudiaríanse", engade Cossini. Elas inclúen: programa de benvida, censo de locais baleiros e tamén o establecemento de zonas de aparcamento curto.

Outras medidas en marcha

Así mesmo, estase estudando a realización dun mercado de nadal e hai un compromiso de triplicar o orzamento para iluminación de nadal. Tamén a necesidade de mellorar a promoción turística e a procura de terreos baldíos para establecer as zonas de aparcamento "xa que é un programa aprobado hai varios meses, que se sumarán ás prazas que se xerarán coa urbanización da rúa Río Tambre e o Camiño dos Cabalos.

Por último, hai varias medidas que non se comparten ou non se ve posible levalas a cabo. Descártase levar a cabo os bonos locais de incentivo ao consumo "porque entenden que non son equitativos entre comercios. Esta idea presentámola por primeira vez en 2020 e o pasado setembro trasladáronos que se levaría a cabo en 2022. Os bonos implantáronse dende moitos Concellos e tamén dende Xunta de Galicia, cun sobrado e recoñecido éxito", explica o xerente do Arteixo CCA.

Inscrición gratuita na Feira do Comercio

Na Mesa Local de Comercio tamén aprobaron a celebración da Feira do Comercio os días 9, 10 e 11 de setembro, como se acordara na pasada asemblea de febreiro. O prazo de inscrición comezará o día 15 de xullo e rematará o 31 de xullo do mesmo mes, a través dun formulario web, da mesma forma que o pasado ano. O Concello enviará unha carta a todos os comercios da vila coa información. Nesta edición contan coa colaboración da Deputación da Coruña, polo que haberá dous tamaños de jaimas: 5x5 e 3x3m. A inscrición segue a ser gratuíta.

Parte das propostas xa foron presentadas meses anteriores ao concejal de Promoción Económica Ángel Vázquez

Más en Arteixo