"Cambio de sentido", cómo mellorar a seguridade ao volante no ámbito xuvenil

Diversos estudos e estatísticas sinalan que a falta de habilidades de manexo dos vehículos xunto ao consumo excesivo de alcohol e outras drogas son factores que contribúen de forma decisiva ao incremento dos accidentes, sendo éstes, a primeira causa de mortalidade entre os mozos/mozas/as entre 17 e 24 anos.

Ante esta realidade, a Asociación Vieiro dentro da súa programación leva a cabo un programa preventivo no ámbito xuvenil, “Cambio de sentido”, destinado a mozos/as en proceso de obter o carnet de conducir nas diferentes autoescolas do Municipio de Carballo. Este programa, ten como obxectivo, concienciar ás/aos futuros condutores/as do risco que leva aparellado o binomio condución-consumo de drogas, polo que consideramos moi importante reducir comportamentos de risco relacionados co consumo de alcohol e outras drogas.

Obxectivo que se concreta nun dobre compromiso:

1.- Reducir a porcentaxe de conductores/as falecidos/as en accidentes de tráfico no que se detecta a presenza de alcohol ou outras drogas.

2.- Reducir o número de conductores/as menores de 30 anos falecidos en accidentes de circulación estando baixo a influenza do alcohol e outras drogas.

Para cumprir estes obxectivos a Asociación Vieiro ofrece a  oportunidade de impartir nas autoescolas o programa: “Cambio de sentido” a través dunha unha sesión informativa destinada ao alumnado co fin de axudar a que sexan conscientes dos riscos da condución baixo os efectos do alcohol e doutras drogas, así como de facer entrega ao alumnado que participe no programa dun “Manual de bolsillo” que contén a información relevante sobre a seguridade viaria e o impacto na mesma do consumo de alcohol e outras drogas..

Este programa é totalmente gratuíto e está subvencionado polo Servizo de prevención de Condutas Adictivas da Dirección Xeral de Innovación e Xestión de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

As autoescolas interesadas na implementación deste programa poden poñerse en contacto coa Asociación Vieiro a través do teléfono: 981.75.61.61 ou no e-mail:   [email protected].