Regresan a Arteixo as proxeccións das películas nominadas aos Premios Mestre Mateo

Este venres 23 de setembro proxectarase no Auditorio de CCC de Arteixo "Cuñados", película finalista dos Premios Mestre Mateo
Arteixo proyecta una película finalistas de los Premios Mestre Mateo
photo_camera "Cuñados" película finalista nos Premios Mestre Mateo

Trátase do film finalista á mellor largometraxe dos Premios Mestre Mateo titulado "Cuñados"

Este venres 23 de setembro proxectarase "Cuñados", película finalista dos Premios Mestre Mateo. Horario: 20:30 horas no Auditorio do CCC de Arteixo. Está dirixida por Toño López e protagonizada por Xosé Antonio Touriñán, Miguel de Lira, Federico Pérez Rey, Eva Fernández, María Vázquez, Iolanda Muíños, Mela Casal e Manuel Cortés. Entrada con invitación que pódese recoller na billeteira do Centro Cívico unha hora antes do comezo da sesión.

Sinopse

Eduardo e o seu cuñado Sabonis acaban de meter a zoca nun dos seus negocios e precisan cartos. Moitos cartos. Será Sabonis quen atope a solución ao problema, secuestrando a Modesto, cuñado de Alicia Zamora, a empresaria que os engañou e deixou tirados. Só hai un pequeno problema: Alicia non pensa pagar un euro polo seu cuñado. Así a todo, é o propio Modesto quien urde un novo plan co que Eduardo e Sabonis poderán salvar a bodega familiar. Eduardo, Sabonis e Modesto téñeno todo para fracasar pero, como diría Sabonis, malo será.