Arteixo presenta a súa programación de Nadal, que comezará o venres 3 de dicembro co acendido das luces
O concello de Arteixo iniciará a súa proramación de Nadal cun acto de encendido das luces. Será realizado de maneira simbólica polos membros de Protección Civil de Arteixo, como recoñocemento o traballo que fixeron durante a pandemia. Outros actos destacables son tamén a tradicional Feira do Galo onde se premia os mellores exemplares da comarca. A cita acudirá o actor Luis Zahera como pregoeiro. Recupéranse tamén este ano as cabalgatas nas diferentes parroquias suspendidas o ano pasado pola pandemia, Ademáis, haberá diversas actuacións e campamentos educativos e relacionamados cos deportes para facilitar a conciliación das familias nestas datas. Así mesmo, celebrarase a Gala do Xoguete o 24 de decembro co obxectivo de facer unha recollida solidaria.
Programación completa
ACENDIDO DE NADAL. Venres 3 de decembro na praza do Balneario. Animación e pasarrúas do espectáculo Ardentía de 18:00 a 19:00 horas. Acendido de luces e homenaxe aos membros de Protección Civil de Arteixo ás 19:00 horas. Actuación final de Ardentía na Praza do Balneario
FEIRA DO GALO. Sábado 18 de decembro. A partir das 10:00 horas na praza do Balneario. Pasarrúas “Triskell” a partir das 10:30 horas. Pregón de as 13:00 horas. Entrega de premios e sorteo de galos as 13:30 horas.
CONCURSO DE ESCAPARATES. Os mellores escaparates dos comercios de Arteixo recibirán premios en metálico trala elección realizada por un xurado especializado.
CAMPAMENTO DE NADAL PISCINA MUNICIPAL DE ARTEIXO. Organiza: BeOne Arteixo. Datas de celebración: 22 ao 30 de decembro. Horarios: 10:00 a 14:00 horas. Idades ás que está dirixida: 4 a 12 anos. Prezo: Socios: 25,26 euros. Non Socios: 37,92 euros. Lugar de celebración: Piscina Municipal de Arteixo. Contidos: Xogos acuáticos, actividades coreográficas, xogos populares, psicomotricidade, multideporte.Inscrición e información: BeOne Arteixo. Mail [email protected] e 981 633444
CAMPUS DE FÚTBOL DE NADAL. Organiza: Club Atlético Arteixo. Datas de celebración: 23, 24, 27, 28, 29, 30, 31 de decembro e 3,4 xaneiro. Horarios: 10:00 a 14:00 horas. Opción de madrugadores de 9:00 a 10:00 horas. Idades ás que está dirixida: 5 a 14 anos. Prezo: 120 euros nen@s do club, os 9 días. 140 euros nen@s que non sexan do club, os 9 días. 20 euros o día, para días soltos. Lugar de celebración: Campo de Fútbol de Arteixo. Inscrición e información: 692 836562 [email protected]
CAMPAMENTOS DE EDUCACIÓN, “A maxia do Nadal”. Datas: 22, 23, 27, 28, 29 e 30 de decembro e 3, 4, 5 e 7 de xaneiro. Horario: de 10 a 14 horas. Servizo de madrugadores, dende ás 7:15 horas. Servizo de xantar de 14:00 a 16:00 horas. Servizo de ludoteca de 16:00 a 17:30 horas. Servizo de transporte gratuíto. Lugares de execución: Por concretar, segundo normativa COVID que deba aplicarse. Destinatarios: Rapazada de Infantil e Primaria empadroada (30 prazas por sorteo). Custo: 40 euros (Servizos aparte).
“A MAXIA DA MÚSICA” Datas: 22, 23, 27, 28, 29, e 30 de decembro e 3, 4, 5 e 7 de xaneiro. Horario: de 10 a 14 horas. Servizo de transporte gratuíto. Lugar de execusión: Centro Cívico Cultural de Arteixo. Destinatarios: Rapazada de Infantil e Primaria empadroada (30 prazas por sorteo). Custo: 40 euros.
PREINSCRICIÓNS: Do 1 ao 10 de decembro. Concellaría, Igualdade, Servizos Sociais Sanidade e Educación. (Avda. dos Bosques, nº 16 – Baixo). Teléfono: 981 659144. Correo electrónico: [email protected]. Data do sorteo (de ser necesario) e publicación listaxe: 13 de decembro. Formalización de matrícula e pagos: Do 14 ao 17 de decembro.
GALA DO XOGUETE: Campo da Festa de Arteixo. 24 de decembro. Recollida solidaria de xoguetes e sorte dun premio. As 10.00 horas visita de Papá Noel. As 12.00 horas actuación de Broken Peach.
ACTIVIDADE NA BIBLIOTECA: "O Nadal no Mundo" na Biblioteca Central "Henrique Rabuñal". Do 22 ao 30 de decembro. De 10:00 a 13:00 horas. Previa inscrición.
EXPOSICIÓN: Do 3 de decembro de 2021 ao 3 de xaneiro de 2022: Exposición de pintura, escultura e fotografía “Facer camiño” da Real Academia Galega de Belas Artes”. Sala de Exposicións do CCC Arteixo. Entrada libre.
ACTUACIONS: Xoves, 23 de decembro de 2021: 20:00 horas "The 4 Stations" presenta “The Christmas Spirit”, unha homenaxe a IL Divo. Auditorio do CCC Arteixo. TP. Con entrada. Xoves, 30 de decembro de 2021: 19:00 horas “La Granja Show Infantil”. Auditorio do CCC de Arteixo. Con entrada. (SM de Cultura).
Cabalgatas Reais nas parroquias
Os horarios definitivos das cabalgatas reais están pendiente de confirmación debido a que a concellería de Festas está mantendo reunións coas asociacións de veciños para definir horarios, pero en principio os días están definidos da seguinte maneira. Hai que ter en conta que en Arteixo as cablagtas visitan todas as parroquias en diferentes días para así chegar a toda a poboación do concello:
- Domingo 2 de xaneiro: BARRAÑÁN – Centro Social CHAMÍN:- Escola da Lagoa. MONTEAGUDO. - Local asociación de veciños Sto. Tomé. A CACHADA – Escola. LARÍN - Centro Social. SUEVOS – Centro Social. RAÑOBRE – Centro Social. O RAÑAL – Local asociación de veciños Praia de Alba. O RAÑAL – Local da Peña. ALTO DE ARTEIXO – Centro Social
- Luns 3 de xaneiro: UXES – Centro Social. LOUREDA – Bar O Cruceiro. LAÑAS – Centro Social. ARMENTÓN – Centro Social
- Martes 4 de xaneiro: VILARRODIS – Centro Social do Froxel.OSEIRO.– Local asocciación de veciños Manuel Murguía. PASTORIZA – Centro Social Barrionovo. MEICENDE – Pavillón do colexio
- Mércores 5 de xaneiro: Cabalgata e Recepción Real en Arteixo. Saída Praza. do Concello 18:00 h e chegada o Pazo dos Deportes 19: 00 horas.