Arteixo presentará informes técnicos en contra da instalación de aeroxeneradores
Arteixo e A Laracha aúnan esforzos en contra do parque eólico de Pedra Queimada, na parroquia de Monteagudo no seu linde coa Laracha e Carballo. Os alcaldes Carlos Calvelo e José Manuel López Varela manterán dúas reunións coa veciñanza de un e outro municipio. Alí, expoñerán a súa oposición a este proxecto debido ao seu negativo impacto ambiental e a súa proximidade a núcleos rurais.
As reunións abertas a ciudadanía y coa presenza de ambos alcaldes, terán lugar en:
- Centro Social de Caión, A Laracha, o martes 9 de agosto ás 20.30 horas
- Bar O Muíño de Monteagudo, Arteixo, o mércores 10 de agosto ás 20:00 horas
Arteixo xa dispuxera unha alegación tipo en contra desta instalación que a veciñanza pode utilizar. O prazo para presentala finaliza o próximo 17 de agosto.
O concello actúa neste caso do mesmo xeito que fixera no parque de Santa Leocadia para o que tamén preparou unha alegación tipo que puxo a diposición da cidadanía. Tamén esta administración manterá a mesma posición respecto da liña eléctrica de evacuación que abastece a outro parque situado en Carballo. En todos os casos o Concello, ademáis da alegación tipo facilitada á veciñanza, presentará informes técnicos en contra da instalación de aeroxeneradores.