Psoe Arteixo preguntará pola prolongación da avenida Baldomero González

En 2016 o goberno local inició as xestións para a construción do tramo da avenida Baldomero González ata a Travesía de Arteixo
Psoe Arteixo reclama comenzar las obras en la avenida Baldomero González do concello
photo_camera Membros do Psoe Arteixo na avenida Baldomero González

No próximo pleno municipal os socialistas pedirán explicacións sobre a obra pendente na vía Baldomero González


No pleno de novembro do Concello de Arteixo, o Grupo Municipal Socialista preguntará pola evolución dos trámites para a prolongación da Avenida Baldomero González. A vía, dá acceso ao Centro Cívico. En 2016 o goberno local inició as xestións para a construción do tramo ata a Travesía de Arteixo e en 2019 obtiveron a autorización da Xunta. Por outra parte, respecto á conexión do outro extremo da rúa coa Avenida de Fisterra "aínda non se fixo pública ningunha información", explica Simón López, portavoz do Psoe Arteixo.

López, considera. ademáis, que "a conclusión da avenida permitiría reorganizar o tráfico en boa parte do centro urbano e estender as zonas verdes en torno ao río Bolaños. Trátase dun proxecto estratéxico para a localidade pero ata o momento todo foron anuncios nos medios de comunicación e escusas para xustificar falla de dilixencia”.

Por outra banda, o portavoz engade que “a ausencia de Plan Xeral obríganos a seguir parcheando unha normativa urbanística obsoleta e ineficaz”. Por iso, no próximo pleno volverá preguntar tamén polos avances na licitación do PXOM. O novo documento, na súa opinión, “permitiría axilizar a execución dunhas obras que acumulan anos de retraso para desesperación de todas as persoas que circulan diariamente pola zona”.