O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, asinaron un convenio de colaboración
O acordo de colaboración entre UDC e Concello de Arteixo ten como obxectivo fomentar o intercambio de experiencias e de persoal nos campos da docencia, a investigación e a cultura en xeral. Para poder cumprirlo promoveranse diversas accións que se concretarán en posteriores convenios. Entre as accións atópanse:
- Facilitar o intercambio por tempo limitado de profesionais, profesores e investigadores.
- Favorecer a participación en proxectos e programas de investigación e desenvolvemento, bilaterais ou multilaterais.
- Cooperar en programas de formación de persoal asistencial, investigador e/ou técnico.
- Asesorarse mutuamente en cuestións relacionadas coa actividade de ambas as entidades.
- Intercambiar libros, publicacións e outros materiais de investigación e docencia sempre que non haxa compromisos anteriores que o impidan.
Na oportunidade o reitor manifestou que este acordo supón “un paso adiante no fomento de actividades vinculadas á educación, á innovación e ao desenvolvemento tecnolóxico. É unha demostración de que o Concello de Arteixo aposta decididamente pola innovación". Por iso, explicó que "terá toda a nosa colaboración para facer posible que Arteixo sexa un referente na transformación dixital a todos os niveis”.
Pola súa parte, o alcalde Calvelo agradeceu á UDC “este inicio de colaboración relativo á traxectoria de innovación e tecnoloxía que queremos extrapolar a toda a sociedade de Arteixo. Non só á comunidade educativa senón aos nosos maiores e de mediana idade”. “Este é un proxecto de futuro que esperamos concretar con medidas e propostas concretas e que Arteixo sexa unha parte pequeniña pero importante da UDC”, concluíu.