A concellería de Deportes informa que do 2 ao 13 de setembro ábrese o prazo para facer a preinscrición na Liga Municipal de Fútbol Sala da tempada 2013/2014, unha competición local que supera o millar de participantes nas distintas categorías:
Renovación de prazas (só para os equipos que participaron na liga de fútbol sala na tempada 2012/2013)
Prazo: Do 2 ao 13 de setembro (ambos inclusive)
Lugar: Entrega da documentación e xustificante de pago antes das 22.00 h do 13 de setembro de 2013 unicamente no Pazo dos Deportes (Avenida de Arsenio Iglesias s/n), en horario de 20.00 a 22.00 h de luns a venres
Deberán achegarse os seguintes documentos:
Renovación de fichas:
- Faranse fichas novas a todos os xogadores.
- Hai que presentar obrigatoriamente dúas fotografías e unha fotocopia do D.N.I por xogador
- Folla de inscriciónEnviarase por mail a todos os equipos interesados. Do mesmo xeito poderase recoller no Pazo dos Deportes en horario de atención ao público nas datas referidas e debe vir cuberta cos datos do equipo e dos xogadores
- Xustificante de pagoRecolleráse no Pazo dos Deportes ou recibirase por mail una vez facilitados os datos oportunos para a súa tramitación.
Todo aquel que entregue fóra de prazo calquera documentación ( fichas, folla de inscrición, xustificante de pago, fotocopias do D.N.I…), perderá o dereito á renovación.
Novas inscricións:
Prazo de preinscrición: do 2 ao 13 de setembro
O impreso de preinscrición poderase recoller nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes, Pazo dos Deportes ou descargalo na páxina web municipal www.arteixo.org. Deberase entregar nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes (Edificio de Servizos Múltiples, Travesía de Arteixo nº. 249, 3º andar), en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas). Do mesmo xeito poderase enviar á dirección [email protected].
No caso que o número de solicitudes supere ao das prazas dispoñibles, terá lugar un sorteo público procedéndose á asignación de prazas, tendo preferencia os equipos con un mínimo de un 60% de xogadores empadroados en Arteixo.
Exposición de equipos preinscritos: A partir do 16 de setembro na páxina web municipal.
Sorteo público: 19 de setembro ás 11:00 h.
Exposición da listaxe de equipos admitidos: A partir do 20 de setembro na páxina web municipal e nos taboleiros de anuncios
Prazo de matrícula: Os equipos admitidos terán un prazo (23 de setembro – 3 de outubro) para formalizar a matrícula na liga, debendo entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Pazo dos Deportes en horario de 20.00 a 22.00 h de luns a venres. No caso contrario, procederase á anulación da praza.
Documentación de matrícula
Folla de inscrición cos datos do equipo e dos xogadores
Fichas de todos os xogadores: dúas fotografías e unha fotocopia do D.N.I por xogador
Xustificante de pago: Recollerase no Pazo dos Deportes ou recibirase por mail una vez facilitados os datos oportunos para a súa tramitación para abonar no banco o prezo público de inscrición da liga de fútbol sala.
Entrega da documentación e xustificante de pago antes das 22.00 h do 3 de outubro de 2013 no Pazo dos Deportes
Todo aquel que entregue fóra de prazo calquera documentación, pasará á lista de espera para poder inscribirse, perdendo os dereitos adquiridos.