O venres 23 de agosto tivo lugar o sorteo público das prazas vacantes das Escolas Deportivas Municipais do curso 2013/2014. As persoas admitidas terán de prazo ata o 13 de setembro para formalizar a matrícula de cada actividade.
O Programa de Escolas Deportivas Municipais fomenta o deporte a actividade física en Arteixo, onde ano tras ano se incrementa a demanda do programa entre a poboación. Actualmente hai 81 grupos de actividades e 1.273 solicitudes, destacando a oferta de 9 grupos e 200 prazas para pilates. Tamén destacar o Aeróbic con 10 grupos ofertados e 325 prazas. Este curso como novidade ofertouse Zumba en dous grupos (45 prazas ofertadas) tendo 77 solicitudes.