O Servizo Municipal de Deportes presenta o Programa Deportivo de verán 2021
Máis de 2.000 prazas de diferentes actividades oferta o Concello de Arteixo neste verán. As mesmas, contan coa colaboración de diversas entidades deportivas locais co fin de achegar aos cidadáns de Arteixo. O obxectivo é promover hábitos de vida saudables na ocupación do lecer en períodos vacacionais. Por isto, a Concellería de Deportes a través deste programa, contrubúe a fomentar o asociacionismo, apoiando o tecido local coas distintas actividades nas que colabora.
Cursos de surf
1. Prazo de preinscrición: Do 1 ao 10 de xuño O impreso de preinscrición poderase recoller de xeito presencial no Servizo Municipal de Deportes con cita previa, podendo solicitarse no número 981659172 ou a través do correo electrónico [email protected]. Do mesmo xeito poderá descargalo na páxina web municipal www.arteixo.org. Deberase entregar nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes con cita previa, en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas). Asimesmo poderase enviar á dirección [email protected].
2. Exposición de persoas preinscritas: A partir do 14 de xuño na páxina web municipal.
3. No caso que o número de solicitudes supere ao das prazas ofertadas, terá lugar un sorteo público procedéndose á asignación de prazas a partir da primeira letra do primeiro apelido, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Arteixo.
4. Sorteo público: 17 de xuño ás 11:00 h no Pazo dos Deportes
5. Exposición da listaxe de persoas admitidas: A partir do 18 de xuño na páxina web municipal
6. Prazo de matrícula: Do 21 ao 24 de xuño. É obrigatorio entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Servizo Municipal de Deportes con cita previa ou na dirección [email protected]. No caso contrario, procederase á anulación da praza.
7. De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións directas a partir do 28 de xuño
8. Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal (http://www.arteixo.org/servizos/pagos-online).
CAMPUS Plazas Ofertadas ORGANIZA LUGAR DATAS INFORMACIÓN CAMPUS MULTIDEPORTE CONCELLO DE ARTEIXO 80 Servizo Municipal de Deportes Pazo dos Deportes 23-30 xuño, 1-7 setembro [email protected], 981659172 CURSOS MUNICIPAIS DE VERÁN DE SURF 240 Servizo Municipal de Deportes Praias Arteixo xuño, xullo, agosto, setembro [email protected], 981659172 CAMPUS MULTIDEPORTE PISCINA MUNICIPAL ARTEIXO 150 Beone Arteixo Piscina Municipal 1-15, 16-31 xullo, 1-15, 16-31 agosto [email protected], 981633444 CAMPUS VERÁN ATLÉTICO ARTEIXO 100 Club Atlético Arteixo Campos de Fútbol de Arteixo 5-16 xullo, 19-30 xullo [email protected] CAMPUS DEPOR ATLÉTICO ARTEIXO 50 At Arteixo e Deportivo A Coruña Campos de Futbol de Arteixo 28 xuño - 2 xulo [email protected] IX CAMPUS DEPORTIVO DE CICLISMO DE MONTAÑA 30 Club Ciclista Arteixo Local Club Ciclista 28 xuño-2 xullo, 5-16 xullo, 19-30 xullo [email protected], 693411098 XV CAMPUS DE BALONCESTO 75 Club Baloncesto Arteixo Polideportivo Ponte dos Brozos 5-9 xullo, 12-16 xullo, 19-23 xullo [email protected], 606276115 IX CAMPUS DEPORTIVO JUDO CLUB ARTEIXO 50 Judo Club Arteixo Arteixo 28 xuño-2 xullo, 5-9 xullo [email protected], 678711825 I CAMPUS DE VERÁN EDUKAJUDO 50 Judo Club Edukajudo Arteixo 29 xuño-2 xullo, 5-9 xullo www.edukajudo.com, 676239184 V ESCOLA DE BALONCESTO C.B.Arteixo 75 Club Baloncesto Arteixo Pazo dos Deportes 9-12 agosto, 16-19 agosto, 23-26 agosto [email protected], 606276115 VII CAMPUS TRIATLÓN ARTEIXO 25 Club Triatlón Arteixo Arteixo 2-13 de agosto [email protected] CAMPUS DE VERÁN DE PATINAXE ARTÍSTICA 125 Club Deportivo Fervello Pabellón Meicende 1-15,16-31 xullo,1-15,16-31 agosto,1 sep_ [email protected], 620251227 ESCOLA DE SALVAMENTO E SOCORRISMO DE VERÁN 60 Club Salvar e surf Arteixo Praia de Sabón Xullo e agosto ( luns e mércores) [email protected] e 691105357 FUNNY CAMP 200 Salvar, Surf Arteixo, Judo Arteixo Agarimo e Villa Xuvenil Xullo e agosto ( luns e mércores) [email protected] 691105357 CAMPAMENTO DE SURF LA DUNA SURF 360 La Duna Surf Praias Sabón e Barrañán xuño, xullo, agosto, setembro [email protected] , 643815512 CAMPAMENTO DE AVENTURA LA DUNA SURF 360 La Duna Surf Praias Sabón e Barrañán xuño, xullo, agosto, setembro [email protected] , 643815512 CURSOS DE SURF LA DUNA SURF 360 La Duna Surf Praias Sabón e Barrañán xuño, xullo, agosto, setembro [email protected] , 643815512