Desde el CNA destacan que os resultados de Paula "foron impresionantes"
A nadadora do Club Natación Arteixo (CNA) Paula Otero Fernández, acaba de rematar a súa participación no Campionato de Europa Junior de Natación que se celebrou en Roma dende o 6 de xullo.
"Os seus resultados foron impresionantes, comezando por suposto pola medalla de bronce na proba de 1500 libre o sábado pola tarde. Foi unha gran proba, colocouse en terceira posición ós 200 metros. Ahí mantívose toda a carreira, rematando con un tempo de 16.19.92, nada máis e nada menos que rebaixando 26 segundos a súa mellor marca", afirma Lucía Leiro, directora deportiva del club arteixán.
A segunda proba máis destacada foi o 800 libre, o mércores pola tarde. Acadou o 4º posto rebaixando 6 segundos a súa mellor marca. Esta proba tivo un final trepidante e unha chegada moi axustada que a separou só unha centésima do bronce.
Na proba de 400 libre, o último día, nadou a final, rematando no 6º lugar e facendo a súa segunda mellor marca persoal. Paula tamén participou nas eliminatorias do 4x100 libre e na final do 4x200 libre, remuda na que España acadou o 4º posto.
Equipo Nacional Absoluto
Gran salto de marcas para Paula nas probas de 800 e 1500 libre. Estes rexistros acadados en Roma, significan que esta xoven nadadora pasa a cumprir os criterios ENA, é decir, para pertencer ó Equipo Nacional Absoluto.
Esta tempada foi complicada para toda a comunidade deportiva, pero de gran traballo de adestramento no CGTD, moi boa a nivel competitivo para Paula, que comezou baixando as súas marcas en Loulé en agosto de 2020 e acaba de poñer unha nova guinda con este bronce europeo. Pero este aínda non é o final da tempada desta nadadora, aínda lle queda participar no Campionato de Europa de Augas Abertas en París e no Campionato de España en Canarias, antes de darlle paso a un merecido descanso.