Cortes na carretera A Coruña á Carballo

De luns a xoves, cortes puntuais
Cortes-Diario de Arteixo2
photo_camera Cortes-Diario de Arteixo2

Así, o avance nos traballos correspondentes ás obras da campaña de conservación e reforzo do firme na autoestrada autonómica A Coruña-Carballo (AG-55), farán necesario realizar cortes puntuais nos ramais de acceso entre o luns día 2 de outubro e o xoves, día 5.

Seguindo o programa inicial dos traballos, e sempre que as condicións meteorolóxicas sexan favorables, durante eses catro días realizaranse traballos nos ramais dos enlaces situados nos puntos quilométricos: 8 (Sabón), 29 (Carballo este) e 33 (Carballo norte), que obrigarán ao corte temporal destes ramais.

undefined
undefined

Ademais os traballos consistirán no fresado de zonas da capa de rodaxe actual mediante a extensión de formigón bituminoso, cun espesor, tanto do fresado como da reposición, de 6 cm. A superficie destas actuacións ascende a uns 13.300 m 2 .

Máis en detalle, o luns día 2 de outubro actuarase no enlace Carballo norte, no punto quilométrico 33, tanto no ramal de saída da calzada dereita, como na entrada, na calzada esquerda.

O martes día 3 os traballos centraranse no enlace Carballo norte, no quilómetro 33, no ramal da glorieta.

Mércores e xoves

Nos dous días seguintes os traballos de reforzo de firme centraranse no enlace Carballo-este, no quilómetro 29-peaxe. En concreto, o mércores día 3 actuarase no ramal de saída, na calzada dereita; e ao día seguinte no ramal de entrada, na calzada esquerda. O xoves día 5, tamén se prevé actuar no enlace de Sabón coa A-6, no punto quilométrico 8, no ramal de saída, na calzada esquerda.

As obras estarán debidamente sinalizadas en cada unha das zonas de traballo e para minimizar a afección ao tráfico habilitaranse os correspondentes desvíos.

Tamén o venres 6 de outubro está previsto realizar os traballos de reforzo de firme en algún carril de saída e entrada de varios enlaces, que só requirirán do corte dos carrís afectados, manténdose a circulación polos carrís adxacentes.

As intervencións no marco desta campaña supoñen a rehabilitación estrutural do firme a través do fresado e reposición con mesturas bituminosas en quente. A actuación execútase no ámbito da planificación da campaña de firmes do ano 2023 que a concesionaria realiza de xeito periódico nas dúas autoestradas autonómicas co obxectivo de optimizar os recursos dispoñibles e garantir a calidade, seguridade e durabilidade dos firmes.

Cortes-Diario de Arteixo1