Desde onte luns 30 de outubro, están a traballar unha excavadora e varios camións na retirada de vertedoiros no lugar onde máis se acumulan nos últimos anos: un camiño forestal situado no límite dos concellos de Arteixo e A Coruña. Nun tramo dun kilómetro de longo acumularonse 14 puntos de vertido distintos. O encargado de recollelos foi a Xunta de Galicia a petición do concello de Arteixo.
O Concello ven de tomar tamén a decisión de instalar cámaras nos lugares habitualmente utilizados para depositar vertedoiros de maneira ilegal. O obxectivo de estas cámaras, que rotan desde hai 15 días, pasa por localizar e sancionar a aqueles infractores que atentan contra o medio ambiente con este tipo de prácticas.
Durante o ano pasado, o concello de Arteixo tivo que retirar 141 vertedoiros ilegais de diversos puntos do municipio.
Desde o ano 2005 o departamento de Medio Ambiente leva unha estadística dos vertedoiros retirados a través de protocolo que ten o Concello para a eliminación dos incontrolados. A detección destes vertedoiros aumentou considerablemente nos últimos anos debido, fundamentalmente, a unha maior concienciación dos cidadáns a hora de alertar dos vertedoiros e os maiores medios empleados polo Concello.
A estadística reflexa que o departamento de Medio Ambiente retirou no 2005 20 vertedoiros; 21 no 2006; 14 no 2007; 23 no 2008; 34 no 2009; 19 no 2010; 25 no 2001; 33 no 2012; 56 no 2013; 55 no 2014; 61 no 2015; e 141 no 2016.
As sancións por esta práctica ilegal poden ir desde 900 euros ata os 45.000 euros según a gravidade do vertido e os materiales que se tiren sin control.
O departamento de Medio Ambiente, por medio do traballo realizado polos gardas ambientais adscritos a este servicio, vense encargando de vixiar, retirar e xestionar a retirada dos vertedoiros incontrolados que existen no territorio arteixán, ademais de investigar a posible orixe e os causantes dos ditos vertedoiros. Como regra xeral os vertedoiros soen aparecer en camiños e pistas de zonas rurais e estar compostos de residuos de diferente tipoloxía, aínda que tamén poden aparecer preto de zonas urbanas. “En calquera caso, o que si se pode afirmar é que a orixe destes residuos semella ser a realización de pequenos arranxos domiciliarios e mudanzas. Aínda así, téñense detectado vertedoiros os residuos dos cales proceden de diferentes obras maiores e actividades mercantís ou industriais”, explica Víctor Merelas, concelleiro de Medio Ambiente.
Localización e retirada de vertedoiros
O procedemento para a localización dos vertedoiros incontrolados baséase no coñecemento dos mesmos que é realizado por diferentes medios:
- Aviso por parte da cidadanía.
- Localización directa por parte dos Gardas Ambientais.
- Remisión de informe por parte dos axentes da autoridade: Policía Local, Garda Civil (Seprona) e Policía Autonómica.
Unha vez localizado o vertedoiro, por parte do Servizo de Vixilancia do Departamento de Medio Ambiente, realízase informe comprensivo dos diferentes aspectos relacionados con cada vertedoiro. Neste informe relaciónanse, entre outros, os seguintes aspectos:
- Localización do vertedoiro: lugar, parroquia e coordenadas.
- Volume que ocupan os residuos depositados.
- Caracterización dos residuos.
- Reportaxe fotográfica.
- Plano de localización.