O servizo Concilia comenzó hoxe a inscripción
A Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación pon en marcha o servizo Arteixo Concilia para o período entre o remate do servizo de comedor e o inicio de actividades extraescolares no CEIP Galán
O necesario cambio no CEIP Galán da forma de execución do servizo de comedor leva a que a Xunta de Galicia xestione o comedor e o Concello de Arteixo o servizo de LudiConcilia. É como atención ao alumnado que necesita estar no centro despois do comedor e así poder facilitar ás familias a conciliación nos horarios posteriores á xornada escolar. O prazo de inscrición é a partir de hoxe, 10 de novembro, e ata completar capacidade. Segundo ratio que o protocolo COVID e as medidas sanitarias vixentes estipulen no momento de formular a preinscrición.
Como se pode acceder ao servizo?
Mediante inscrición en modelo normalizado. As prazas adxudícanse por rigurosa orde de inscrición (terase en conta a hora e data de entrada a través de correo electrónico ou de entrega no departamento de Educación). Unha vez cubertas as prazas dispoñibles, as solicitudes incluiranse en listaxe de agarda.
Como se pode formalizar inscrición?
Entregando o modelo no Departamento de Educación, en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas) ou enviandoo ao correo electrónico ([email protected]).
Condicións xerais do servizo:
- A posta en marcha do servizo queda supeditado a que exista un nº mínimo de persoas inscritas (5 persoas/día)
- Servizo prestarase nos días lectivos estipulados no calendario escolar para o curso 2020/2021 pola Consellería de Educación
- O servizo atenderá ao alumnado usuario do comedor
- Horario de LudiConcilia é de 15:00 h a 16:00 horas
- É de obrigado cumprimento protocolo COVID vixente no centro