Hoxe ás 20:00 h, teremos a compañía murciana, La Murga Teatro no Auditorio do Centro Cívico de Arteixo con "Caperucita Roja, la versión más loca de la historia" unha divertida forma de coñecer o clásico conto.
Dous contadores de historia chegan ao teatro para contar e
representar o conto para os máis pequenos. Esta curiosa coincidencia fai que os
dous actores teñan obrigatoriamente que compartir o espectáculo e os seus
personaxes e coas divertidas situacións que se lles van presentar. Quen será o
lobo? Quen Caperucita? O cazador? Unha divertida, disparate e diferente versión
do conto de sempre. Un espectáculo que non deixará indiferentes nin a rapazada
nin ás persoas adultas.
Velaquí unha mostra do que che agarda con La Murga Teatro: https://www.youtube.com/watch?v=Uji28H6AWKg&feature=youtu.be
As entradas estarán a venda hoxe no CCCC de Arteixo en horario de 11:30-13:30 e 2 horas antes da función. Nesta ocasión haberá un prezo único de 8 euros.
Maxia en Meicende
O venres 3 de xaneiro, tamén ás 20:00 horas, o Mago Paco estará no Auditorio de Meicende con "Hocus Pocus", un espectáculo que inclúe tolemias, berros, gargalladas, ilusión, emoción e moita maxia. Un espectáculo perfecto para completar calquera actividade infantil de Nadal ou pasar unha tarde navideña en familia!.
A función é con invitación, que se poderá recoller na Conserxería do CSC de Meicende 1 hora antes da función. Consulta o resto de actividades previstas para estas datas: http://www.arteixo.org/index.php/gl/noticia/arteixo-ilumina-o-nadal