5.551 casos infectados por Covid-19. Son as cifras deste xoves Santo.Desde A Dirección Xeral de Saúde Pública da consellería de Sanidade informan que: na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.551: deles 1.148 son da área da Coruña; 563 da de Lugo; 1.041 da de Ourense; 470 da de Pontevedra; 1.069 da área de Vigo: 939 da de Santiago; e 321 da de Ferrol.
Ademais comunican que do total de pacientes positivos: 154 permanecen en UCI, 794 están en unidades de hospitalización e 4.603 no domicilio.
Polo de agora, na comunidade galega rexistráronse: 910 altas de
pacientes e 297 falecementos. O número de PCR
realizadas é de 36.799.
Casos infectados nos centros residenciais de Servizos sociais
En canto a datos dos centros residenciais de servizos sociais, o número de casos de coronavirus detectados en Galicia supoñen o 3,3% do total das persoas residentes.
Respecto das 4 persoas falecidas onte en centros residenciais, 2 foron na residencia DomusVi Cangas, 1 na residencia DomusVi Barreiro (Vigo) e 1 na residencia Moledo (Vigo).
Datos dos centros residenciais de servizos sociais:
- NÚMERO DE CASOS 5.551
- FALECEMENTOS 297
- DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS: 818 Usuarios; 348 Profesionais; 61 en Residencias; 56 en hospitais e redidencias integradas