Diálogo entre familias arredor dos contidos da sexualidade a cargo de Débora Baz Rodríguez

Graduada Social na Uvigo e Experta en Sexualidade Humana pola UNED. Socia fundadora e Directora de AMATURI Gabinete de Formación Sexual especializado na discapacidade intelectual, na investigación da sexualidade e na elaboración de materiais pedagóxicos específicos. Foi relatora en múltiples xornadas, e educadora afectivo sexual en diferentes ámbitos relacionados ca educación.

Ven de presentar a publicación de catro guías en escritura sinxela, “O universo da sexualidade”, “ O universo da diversidade sexual”, “O universo emocional”, “O universo da familia”, baixo encargo da fundación ADCOR.

https://amaturi.org

Contido:

As fillas/os reciben a influencia da cultura sexual da súa familia e o desenvolvemento puberal da/o adolescente é acollido con grande ansiedade.

O medo a non saber qué nin cómo responder, a propia moral de cada familia e as moitas lagoas que se acumulan arredor da sexualidade das nosas fillas/os fai que en moitos casos, ante a aparición dunha conduta de tipo sexual, a resposta máis frecuente sexa a de reprimir, minimizar, obviar ou anular dita conduta. A familia debe de transmitir aqueles valores que considera axeitados, pero coa salvedade de ter en conta os cambios sociais e de actitudes que se están a producir, e sempre dende o respeto cara a identidade das fillas/os, que non ten que coincidir co modelo familiar. Nesta xornada de traballo imos propoñer as seguintes abordaxes: A sexualidade dende a identidade, os afectos e o pracer. A construcción sexual da persoa. Revisión dos propios valores e actitudes da familia ante a sexualidade. Consenso do grupo nalgúns criterios guía sobre os apoios á construcción sexual dos fillos e fillas dende a familia.

AXENDA

11:30 a 14:00 Centro Sociocultural de Conxo

CHARLA/COLOQUIO

14:00 a 17:00 Centro Sociocultural de Conxo

XANTAR/PICNIC

17:00 a 20:00 Centro Sociocultural de Conxo

OBRADOIRO

A Continuación da charla da mañá e coa dirección de Débora Baz plantexamos un espazo para a reflexión e a aprendizaxe grupal onde entender a sexualidade como algo mais aló da xenitalidade, incluíndo nela o amor, a afectividade, a corporeidade, a procura do pracer...

De 11:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:00

LUDOTECA

Servizo de ludoteca de balde e rógase enviar un correo a [email protected] confirmando a asistencia nenos e nas poñendo os seus nomes e idades. Para os menores de tres anos é obrigatorio enviar un correo confirmando asistencia, coa fin de contar con persoal axeitado.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.