A concellaría de Turismo edita o calendario municipal do 2024 con fotos dos veciños seleccionadas a través dun concurso fotográfico.
O obxectivo do Concello de Arteixo foi nesta ocasión ilustrar o calendario municipal do 2024 coa temática da música e baixo o lema Arteixo Sons.
Así chegaron ao Concello 163 imaxes das que foron seleccionadas doce, unha por cada mes do ano.
A votación realizouse a través da páxina do concurso e da valoración dun xurado composto de profesionales relacionados coa música e a fotografía.
Outorgáronse premios para as fotografías mellor valoradas: 500 € para a foto que máis puntos obteña; 300 € para a segunda; 200 € para a terceira; 100 € para as dez seguintes clasificadas.
O calendario tamén se pode descargar da páxina web do Concello ademais de ser editado en formato físico, que será repartido a partir do 15 de decembro na Casa Consistorial e no edificio Arteixo Innovación sito no polígono de Sabón.
Ademais será repartido polo concello os alumnos de todos os centros educativos de Arteixo.
Lista dos 12 seleccionados
12º puesto - Patricia Pazos Abeleira
11º puesto - Noelia Castro Santos
10º puesto - Mónica Rial Dosil
9º puesto - María Suárez Calvelo
8º puesto - Borja Espasandín Castro
7º puesto - Raúl Franco
6º puesto - Juan Carlos Fuentes Suárez
5º puesto - Miguel Ángel Lago Domínguez
4º puesto - Susana Fontenla Carro
3º puesto - Víctor Otero Guimarey
2º puesto - Antonio Vidal Mazás
1º puesto - Eva Mosteiro Costoya