A candidata socialista do PSdG-PSOE Arteixo, Patricia Boedo, afirma que o programa de goberno "está enfocado a mellorar a vida da xente, poñendo a mirada nas súas necesidades"
Baixo o lema "Coa mirada na xente" a candidata á alcaldía de Arteixo polo PSdG-PSOE nas próximas eleccións municipais asegura que o seu programa de goberno "poñe as persoas no centro das políticas públicas". Patricia Boedo é veciña de Meicende. Está Diplomada en Maxisterio na especialidade de Audición e Linguaxe e graduada en Educación Primaria. Traballou no CEIP San Xosé Obreiro donde foi xefa de estudios. Na actualidade, é mestra especialista en audición e linguaxe no CEIP Ponte dos Brozos.
A súa traxectoria política comeza como concelleira desde as eleccións do 2019 nas que formaba parte da lista do candidato á alcaldía, Martín Seco. Desde maio de 2022 é a voceira do grupo municipal socialista no concello de Arteixo. Ademáis, exerce como vicesecretaria xeral da Comisión Executiva Municipal do PSdeG-PSOE de Arteixo é como membro do Comité Provincial do PSdeG e do Comité Nacional do PSdeG.
Propostas aprobadas
"Ao longo desta lexislatura o noso grupo municipal estivo en continuo contacto cos veciños e veciñas, levando a pleno todos os meses temas de interese que a veciñanza nos trasladaba. Centrámonos especialmente naqueles temas que contribúen a mellorar a vida da xente, as súas condición laboráis, a conciliación ou as relacionadas coas políticas sociais", explica Patricia.
"Deste xeito -engade- conseguimos que saísen adiante propostas tales como a revisión do servicio de atención ao fogar no que pedimos que se atendesen os problemas que estaban padecendo empregadas e usuarios do servizo. Ademáis, demandábamos unhas condición laboráis dignas para acabar coa precariedade laboral dos traballadores e traballadoras de JEVASO".
"Tamén foron aprobadas as nosas propostas para solucionar os problemas no transporte escolar, e a exención da taxa de terrazas na hostalaría durante a pandemia do covid. Acadamos a aprobación das iniciativas contra as agresións machistas, a defensa do colectivo LGTBIQ+, ou a proposta de converter Arteixo nun concello amigo dos animáis", detalla a candidata.
"Conseguimos aprobar a nosa petición de orzamentos participativos, a actualización do inventario de bens, levar a cabo un inventario das telecomunicacións do concello, a nosa solicitude de dar información aos veciños das tarifas eléctricas e dos abusos sobre estas, a cubrición de parques infantís, ou os puntos de carga de vehículos eléctricos. En materia cultural logramos o consenso para a volta do certame Dora Vázquez e para levar a cabo un programa de arte urbano nas medianeiras", finaliza Patricia Boedo.
Programa de goberno
O programa de goberno que presenta o Partido Socialista está enfocado a mellorar a vida da xente, poñendo a mirada nas súas necesidades. É un programa articulado en 8 eixos principais: nos maiores, na infancia, na xuventude, cultura e deporte; no emprego e o tecido económico; na protección social; na planificación urbanística e a mobilidade, nun concello verde e saudable, e nun concello aberto en convivencia.
"Presentamos máis de 100 propostas realistas para facer de Arteixo un lugar onde a xente queira e poida quedar a vivir, para cumprir ao longo de catro anos de mandato. Porque non se pode gobernar un concello como Arteixo a golpe de obra os últimos seis meses de cada mandato", reprocha Boedo.
"Temos un programa coa mirada na xente que vos invito a coñecer de primeira man nos nosos encontros coa veciñanza nas parroquias de Arteixo ou consultalo na nosa web https://www.psoe-arteixo.org/o-noso-programa "
As primeiras accións se alcanza a vitoria electoral son...
- Temos claro que as primeiras accións a levar a cabo teñen que xirar en torno aos problemas que máis preocupan. Darlle ese cambio necesario ao SAF coa municipalización do servizo dentro da empresa SUMARTE.
- Continuar coa creación dunha bolsa de vivenda que permita atacar o gran problema que temos agora mesmo polos precios inasequibles.
- Paliar a alta taxa de desemprego que temos. Para iso impulsaremos a creación dunha oficina de emprego que lle de un forte pulo ao traballo neste concello.
- Será prioritario a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal despois de 12 anos de promesas e que obrigaron ao Concello ao pagamento de reiteradas indemnizacións a particulares e recursos nos tribunais
Unha última reflexión
"Este é un programa de goberno para poñer as persoas no centro das políticas públicas. Necesitamos infraestruturas, sí, pero infrestructuras con contido, no contedores baleiros sen actividade por falta de persoal ou cun persoal en situación precaria. Non se pode gobernar só nos seis últimos meses de mandato senplanificación nin rumbo. Arteixo é un concello con moitas posibilidades, cun orzamento moi elevado, ao que non se lle saca o proveito suficiente. Como dí o número 8 da nosa candidatura, Martín Seco, non se pode ter un transatlántico e conducilo como unha chalana. Temos os cartos, temos as ferramentas, utilicémoas para o benestar da veciñanza", finaliza Patricia Boedo.